APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 10 de junio de 2013

A CONDICION HUMANA

PROGRAMANDO Á NACIÓN

Ainda que Max Webber dixera que o "afán de lucro" e a "tendencia a enriquecerse" nada teñen que ver co capitalismo, que "son tendencias que se atopan por igual en camareiros, médicos, cocheiros, artistas, funcionarios, xogadores, mendigos, soldados, ladróns...", que en "all sorts and conditións of men, en todas  as épocas e en todos os lugares da terra, en toda circunstancia que ofreza unha posibilidade obxectiva de lograr unha finalidade de lucro", o certo é que existe unha progamación para que sexa así.

A partires da baixa Idade Media, o sistema de explotación escravista das primeiras sociedades e a vasalaxe do feudalismo desaparecen como modelos de produción para deixar paso ao capitalismo. A burguesía, coa axuda da reforma protestante calvinista logra enriquecerse aproveitando o desenrolo dun mercado fundado na actividade comercial. É o nacemento do capitalismo moderno. Dobregada a nobreza, a burguesía constitúese na oligarquía que controlará as cidades e os mecanismos electorais até os nosos días. Por outro lado, a partires de Galileo, afloran as disciplinas científicas, que van precisar envestimento, polo que estarán sempre en perigo de meterse no terreo político e socavar a súa imparcialidade. A historia pon de releve a irresponsabilidade con que se utilizou a ciencia e as súas aplicacións. B.F. Skinner en "Ciencia y conducta humana" nos alerta de que o poder do ser humano aumenta desproporcionadamente á súa prudencia: "Nunca ha estado en mejor situación para crear un mundo sano, feliz y productivo; sin embargo, nunca el panorama ha sido tan oscuro. Dos agotadoras guerras mundiales en sólo medio siglo... Los sueños de progreso hacia una civilización superior han sido truncados por el espectáculo del asesinato de millares de seres inocentes. Quizá lo peor está aún por llegar (...) Ante esta situación..., los hombres de buena voluntad se sienten indefensos y temerosos de actuar". Despoxada da súa posición de prestixio, a ciencia se ocupa en converter a guerra en algo terrible e destructivo e de servir aos grandes Lobbys que controlan o capital.

A principios do século XX, se asumía con McDougall que os instintos eran esquemas de conduta herdados. F. Galton na introducción de "El genio hereditario, examen de sus leyes y consecuencias", comenza dicindo "Me propongo señalar en este libro que las capacidades naturales del hombre se adquiren por herencia...". Logo de máis dun século, L.J. Kamin, establece na introducción de "Ciencia y política del C.I." que non hay datos para aceptar tal hipótese. A controversia xorde co Conductismo, aló polos anos vinte. Paulov é quen de condicionar a un can para que salive co son dunha campá e J.B. Watson dí que as diferenzas herdables que están no plasma xerminal xacen listas para seren conformadas de mil xeitos distintos: "Dádeme unha ducia de nenos sans e ben constituídos, e o contorno que eu especifique para que sexan educados nel e garanto que podería elexir un calquera ao azar e preparalo para que sexa a crase de especialista que eu queira, doutor, avogado, artista, home de negocios e incluso, mendigo e ladrón, sen ter en conta o seu talento, afeccións, tendencias, capacidades, vocacicóns, nin a raza dos seus antepasados". Máis tarde, B.F. Skinner chega á conclusión de que os reflexos están intimamente relacionados co benestar do organismo, que o proceso do condicionamento ten un valor de supervivencia e pode modificar a conduta pola exposición a un ambiente determinado ou facendo continxente coa conduta unha consecuencia determinada. "Utilizamos también este proceso para preparar el control futuro de la conducta". Skinner danos mil exemplos de como se condiciona: Unha "cura" para beber ou fumar consiste en engadir ao licor ou ao tabaco unha sustancia que provoque náuseas (pode verse na ficción a aversión á música de Beethoven que se provoca no protagonista da película  "La Naranja Mecánica" de S. Kubrick con este método), dores de cabeza , etc. Cando estas persoas fumen ou beban se producirán respostas desagradables como resultado do condicionamento. Se a un soldado se lle proxeitan imaxes das atrociades que fai o inimigo, será máis agresivo cando se tope con el. Está demostrado experimentalmente que determinados gustos son inducidos con facilidade se se asocian coa comida ou con outros praceres. Os publicistas saben ben que as respostas inducidas por mozas guapas, nenos ou esceas agradables, ás que se lle engade unha boa melodía, poden ser transferidas ás marcas comerciais, produtos, imaxes, etc. Os directores de cine americanos asocian dun xeito apenas perceptible imaxes subliminais nos seus filmes (véxase "El Resplandor" de Kubrick ou a filmografía de Hitchcocks, entre outros) para provocar determinadas reaccións emocionais no espectador. Este mesmo mecanismo é o que utilizan algúns grupos de Pop e de Rock para provocar determinadas reaccións no público dos grandes concertos.

Thorndike chamoulle "lei do efecto" ao feito de que a conduta "quede gravada" cando se desprenden dela consecuencias determinadas para o organismo. Skinner demostrará que se facemos coincidir unha consecuencia determinada con certos hábitos, tendencias ou predisposicións, estes aumentan a súa frecuencia. Se a isto lle engadimos que no mundo se dá unha abrumadora conformidade social e que o recén se desenrola para axustarse ás demandas da sociedade na que vive e que, como ben dixo Bandura, a aprendizaxe desde que se nace xérase por imitación e modelado, a consecuencia e conclusión, vai ser a utilización destes feitos polos grandes Lobbys para programar ao futuro consumidor; é dicir, que utilizarán o condicionamento e a aprendizaxe vicaria para controlar e trocar o comportamento e a conduta humana. Non hai máis que observar a un meniño pegado ao televisor recibindo todo o día mensaxes subliminais por medio dos debuxos animados ou as series infantís para modelar o seu gusto pola comida, os xoguetes ou a roupa. O mesmo ocorre cos adultos nos que se está a influir a cotío inducíndolles gustos e afeccións sen que se decaten. Como exemplo temos a presión que se exerce desde a publicidade para que a muller estea desconforme co seu propio corpo, creándolle un "torrente de ansiedade" que só disminúe de forma limitada polo consumo. Igual ocorre cando se asocian determinadas marcas de coches, de maquiniñas de afeitar ou calquera outro produto con deportes de grande carga simbólica que definen ao home triunfador como a fórmula 1, o fútbol, as motos, o tenis, ou calquera outro deporte nacional. Trátase de posuir un amplo mercado de consumidores para os productos que se ofertan, ofrecendo como modelo o perfil do home e a muller ideais, que seguen as últimas tendencias e son triunfadores. Incluso se desencadean guerras para ampliar os mercados, por nomear algunhas das máis chamativas: as guerras do opio anglo-chinesas no século XIX, a de Sudáfrica (diamantes), Iraq (Petróeo), Libia (Petróleo e gas), Afganistan (petróleo e gas), Exipto (idem de idem), e así un senfin de conflictos cuxa única finalidade foi a de ampliar os mercados e facerse cos recursos naturales do país invadido. Para o sistema financieiro e o capital só somos unha peza na engranxe dun sistema que reduce ás persoas ao papel de meros consumidores pasivos. Utiliza a investigación e o seu desenrolo para programarnos, para que sexamos "obedientes" e sirvamos os seus intereses sen dicir chio. Como donos dos medios de produción, dos recursos en innovación e investigación e dos medios de comunicación, utilizan todos os resortes para impedir que as persoas reflexionen e tomen conciencia da realidade.





No hay comentarios:

Publicar un comentario