APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 17 de junio de 2013

INDEFENSIÓN APRENDIDA


"Indignez-vous". Stéphane Hessel

Fritz Heider (1958) chamoulle "psicoloxía inxenua" á teoría que explica o intento das persoas para comprender as cousas e as implicacións dos acontecementos que lles suceden. É dicir, que as nosas accións están controladas polo xeito no que percibimos os acontecementos máis que polo que realmente sucede. É moi interesante comprobar nas investigacións da localización da causa dos acontecementos que se dan percepcións inaxeitadas por parte de moitas persoas. Os estudos suxiren que as persoas minimizan o papel do azar e esaxeran a relación entre a propia conduta e os acontecementos "incontrolables" da vida, tendendo a ignorar ata que punto a súa conduta está condicionada por factores externos. 

Seligman (1975) suxire que o incremento dos sentimentos de autocontrol é adaptativo. É a atribución de indefensión a que lle plantexa problemas ao individuo. Wortman e Brehm (1975) pensan que hai boas razóns para considerar que a sucesión de resultados que se consideran incontrolables pode provocar sentimentos de profundo fracaso psicolóxico. Moitas clases de condutas inadaptadas atribuíronse a sentimentos de impotencia diante o medio ambiente. Moitos autores pensan que a indefensión que se desprende dos sentimentos de falta de control é un importante factor na aparición de desordes psiquiátricos, tales como a depresión ou a esquizofrenia. Seligman afirma que os sentimentos de indefensión interfiren na aptitude para respostar de forma adaptativa ante situacións de stress. Tamén se consideraron como precursores de enfermidades físicas. Algúns investigadores suxiren que incluso pode provocar a morte repentina por enfermidade coronaria ou por outras causas. A indefensión tamén se considera como causa de moitras clases de conduta antisocial.

En estudos con animais, Seligman comprobou que aqueles que aprenderan a ser incapaces, non podían actuar axeitadamente cando os poñía nunha situación para a que sí eran capaces. Someteron ratos a descargas eléctricas das que non podían fuxir e máis tarde se lles daba a oportunidade de escapar das descargas saltando a outro compartimento da gaiola, pero non o facían, non fuxían. Seligman atribuiu esta incapacidade aprendida ao feito de que os animais aprenderan que, fixeran o que fixeran, non podían evitar a descarga. Tamén se comprobou en seres humanos a indefensión aprendida. Cando as persoas non poden controlar a súa vida, xorde nelas unha sensación de tristeza e de desesperanza que pode conducir á depresión.

Se unha persoa fracasa nun acontecemento importante da súa vida, pode chegar á conclusión de que a culpa é súa e pode xeneralizarse a outras moitas situacións. A persoa pode considerarse "inútil" (vésaxe o "síndrome da muller maltratada") ou sentirse indefenso e impotente como cidadán ante un goberno e unhas institucións que considera que non o apoian, non o defenden e que o relegan a unha situación de marxinalidade e pobreza (preferentes, recortes, despidos-paro, expropiacións, etc.), mentres contempla como desde as instancias que deben protexelo se malversa, se rouba ou se apoia aos poderosos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario