APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 24 de septiembre de 2014

EGO E CIVILIZACIÓN

"El error se precipita por un plano inclinado, mientras que la verdad tiene que ir penosamente cuesta arriba". Refrán antigo 




O principio absoluto da naturaleza despoxa a historia das súas vestiduras humanas exteriores. Como diría Montaigne: "Señores: aquí tengo un ramillete de flores escogidas; nada hay en él mío, sino el cordón que las ata". É difícil que a mente humana permaneza libre de pre-xuizos. A luz e as tebras son, en si mesmas idénticas, só son divisibles na mente humana. Mentres que as tembras son luz absoluta, a luz non son máis que sombras, ilusión, maya. 


As tembras son a matriz eterna das que xorde a luz. Un ten que adquirir a conciencia de si mesmo para comprender a orixe da ilusión. O ollo de Shiva faculta para ver por medio da intuición. O Nous de Anaxágoras, absoluter geist de Hegel está formado por spermeta que nos conduce á orde e á harmonía, pero o Misterum Magnum de Paracelso será sempre inescrutable para a mente humana. A persoa so pode aspirar a un estado de Samadhi que é o punto máis alto de coñecemento espiritual. 

Dicía Jung que mediante o comprender nos liberamos da dominación do inconscente e quizais a "Participación Mystique" do primitivo que diría Levy-Bruhl, indiferenciación entre suxeito e obxecto introxectada na persoa, onde reina a identidade inconscente, non afectara a psique patoloxizando a personalidade por ser o ego o centro de gravidade da persoa.

O mal está impreso no ego que é a negación da vida e se opón ao propio Kosmos; é a violación da orde natural que nos ofrece a posibilidade de ser. O ego instaura unha orde distinta á que lle é propia á vida e renuncia á unidade. Polo ego lle foi atribuída á materia o estigma do mal e a responsabilidade da multiplicidade. Pero a materia non é condición suficiente, senón necesaria para a posibilidade do mal.


O mal non está na materia, senón na utilización que o home fai da materia. O recén posúe a facultade de aprehender a luz pero a civilización opta polas sombras e a división, desatendendo as facultades que o unen ao Kosmos. O intelecto é como unha pizarra, unha tabula rasa que está en condicións de aprehender o infinito, de tal xeito que é a persoa a que elixe dividir a "rex cogitans" da "rex extensa" por empregar a famosa división de Descartes, desviando o  ego cara o mal. 

A negación do home debe entenderse como superación; como negación dun estado ontolóxico para alcanzar outro diferente. Superar a individualidade negando o ego que se erixe como medida suprema do ser a través do querer e ter para convertirse na persoa que é sen desexar, que posúe sabiduría "sen saber nada" como diría Sócrates e que ten tan alta estima como a de Dióxenes para dicirlle aos poderosos: "aparta que me tapas o sol".

No hay comentarios:

Publicar un comentario