APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 7 de enero de 2013

O AMOR ("ESE NENO QUE QUERE NACER")


¡O vosotros los sábios, de alta y profunda ciencia que habéis meditado y sabéis dónde, cuándo y cómo se une todo en la naturaleza, el porqué de todos esos amores y besos; vosotros, sabios humildes, decídmelo! ¡Poned en el potro vuestro sutil ingenio y decidme dónde, cuándo y cómo se me ocurrió amar, por qué se me ocurrió amar! G.A.Bürger

O amor é o principal argumento de todas as obras dramáticas, tráxicas ou cómicas, románticas ou clásicas, en América, en Ásia ou en Europa. É tamén o máis fecundo dos asuntos para a poesía lírica e para a poesía épica. Isto sen falar do incontable número de novelas que desde hai séculos se producen cada ano en todos os países do mundo con tanta regulariedade como os hipermercados.

Empédocles concibeu o amor coma o principio que une aos diversos elementos cósmicos, pero foi quizais Platón o que máis se ocupou do amor, sobre todo en O Banquete e O Fedro:O amor, en tanto que eros (amor sensible) pode transformarse en amor á sabiduría, polo que se pasa dunha forma terrenal de amor a outra divina.  O amor culmina no desexo do ben, xa que o amor ao particular e humano reflexa unha participación na Idea do Bello por excelencia (A divinidade). San Agustín (Cristianismo) considera o amor humano que non se sustente no amor a Deus coma un mal. Tamén se ocupou do amor Rousseau en O discurso sobre a desigualdade, Kant, no Tratado sobre o sentimento do bello e do sublime, Platner, na súa Antropoloxía, Spinoza que o trata con suma sinxelez, Schopenhauer para o que non é lícito dudar da realidade do amor nin da súa importancia, Freud que diría que, "a namorada precisa fagocitar ao namorado", e así un longo etcétera.

É unha experiencia xeral que o amor pode medrar e superar pola súa violencia a todas as demais paixóns, botar ao carón todas as consideracións, vencer todos os obstáculos cunha forza e unha perseverancia increíbles, ata o punto de ariscar a vida sen vacilación por satisfacer o seu desexo e até perdela se non hai esperanza.

Cando o instinto dos sexos se manifesta na conciencia individual dun xeito vago e xenérico, sen determinación  precisa, o que aparece fóra de todo fenómeno, é a vontade de vivir. Cando se especializa nun individuo determinado aparece o amor, que non é, no fondo máis que unha vontade que aspira a vivir nun novo ser.

Deste xeito, o amor subxectivo, ilusiona por completo á conciencia co disfraz dunha admiración obxectiva. A naturaleza precisa unha estratexia para lograr as súas fíns. Por desinteresada que poida parecer a admiración pola persoa amada, o obxectivo final é a creación dun novo ser. A proba disto é que o amor non se contenta cun sentimento recíproco, senón que esixe a posesión mesma, o esencial, é dicir, o goce físico.


Os namorados aspiran ao hermafroditismo primixenio, voltar ao Un. No principio, o Ser hermafrodita divideuse en dous seres de sexo complementario. Do seu posterior axuntamento procede o mundo, todas as afinidades e antagonismos que se poidan verificar nel son a contraposición dos dous principios complementarios, un activo masculino e outro receptivo femenino. No Ser que é Un, en esencia hai tres mundos. O ser humano está integrado pola alma, o corpo e o espíritu; o mundo da materia compóñeno tres elementos: o azufre, a sal e o mercurio. Toda na naturaleza é Un e Tres. O home (1) e a muller (1), son utilizados pola vontade para crear a vida (3) que poboará o mundo. Baixo a diversidade de formas con que se nos presenta a naturaleza, ocúltase un só Ser cunha esencia común a todo. O que un neno sexa enxendrado, é o único fin de todo escea de amor, ainda que os namorados non o sospeitan. No cruce de miradas, preñadas de desexo, acende unha nova vida, anúnciase un ser futuro.

Este novo individuo é unha idea do Ser, e como toda idea, irrumpe violentamente para conseguir manifestarse no mundo dos fenómenos, ávida de apoderarse da materia favorable ás leis da causalidade para realizarse como fenómeno. Esta enerxía, este ímpetu, é proporcional á paixón que os futuros pais senten o un polo outro. O individuo faise así escravo inconscente da naturaleza pensando obedecer aos seus propios desexos. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario