APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 15 de enero de 2013

O ARQUETIPO FEMININO


Para Freud, o inconscente posuía a particularidade de ser persoal e os contidos que incluía podían ser tanto actos latentes e temporalmente inconscientes (desexos, intencións, etc.), como procesos persoais reprimidos. Jung sen embargo, propón unha dimensión interpersoal ou colectiva que amplia o concepto de inconscente proposto por Freud. Para Durkheim, "as representacións colectivas son o produto dunha inmensa cooperación estendida non só no tempo, senón tamén no espazo, que unha multitude de espiritos diferentes asociaron, mesturando e combinando as súas ideas e sentimentos para elaboralas; amplas series de xeracións acumularon nelas o seu saber. Concéntranse nelas un capital intelectual moi particular, infinitamente máis complexo que o individual". Estas experiencias colectivas de Durkheim diferéncianse do inconsciente colectivo de Jung na calidade da información que é consciente. Neste senso, a noción de inconsciente colectivo de Jung recollería elementos tanto do inconsciente freudiano como das representacións colectivas de Durkheim.
O inconsciente colectivo de Jung representa o conxunto de elementos sociais e culturais nos que o suxeito está inmerso e non é consciente. Incluiría tanto elementos do folclore e os costumes, como actitudes, valores, crenzas e disposicións relixiosas. Dentro deste inconsciente colectivo sitúa Jung os arquetipos, que son ideas ou formas preconcebidas que actúan sobre os individuos determinando as súas accións e comportamentos. Neste sentido, "...non só representa algo que foi e que pasou hai moito tempo, senón tamén algo actual (...) e está destinado a compensar e correxir os inevitables utilitarismos extravagancias da conciencia". O inconsciente busca o equilibrio e a compensación siempre na psique da persoa, por exemplo, unha persoa introvertida pode buscar compensación nos seus soños e verse coma unha persoa extravertida. Deste xeito a manifestación dos arquetipos está en función das necesidades persoais e da súa situación psicosocial. Nos mitos atopamos as tendencias psíquicas normativas da sociedade. Os seus contidos expresan as necesidades inconscientes e os medos ou conflictos das sociedades antigas e modernas. Todo isto contribúe ao equilibrio psíquico e social do grupo.
Os dous principais arquetipos femininos que Jung recoñece son a nai e a ánima. Segundo Jung, a imaxe da nai transcende o plano persoal para chegar a un máis colectivo. A nai non é só a persoa que nos pariu senón que está determinada por un conxunto de valores, actitudes, roles e expectativas arraigadas na tradición sociocultural (María no cristianismo, Parvati no hinduísmo, Deméter na mitoloxía grega, Isis no antigo Exipto, etc.) o que implica que o arquetipo de nai posúe varias dimensións, algunhas positivas, como por exemplo, todo o relacionado coa protección e a fertilidade; e outras negativas como a morte, o poder destrutivo da nai natureza ou simplemente "o descoñecido". Axúdanos a entendelo pensar que a nai humana se explicou nas primeiras manifestacións relixiosas como a terra fértil, que é á vez creadora, o lugar de orixe e a tumba; ambos se unen no ciclo da vida. O enterramento en vasillas no mundo antigo ten este simbolismo, as cinzas do finado volven a un recipiente que simboliza o útero materno, no que esperan un novo nacemento máis aló da morte.

ARQUETIPO DA NAI

As catro categorías que Jung estableceu para o arquetipo da nai son:

1.Autoridade, sabedoría e altura intelectual máis aló do intelecto.

Un sentido totalmente positivo do arquetipo de nai o expresan as representacións alegóricas que identifican á muller coa xustiza e a filosofía nos frescos de Rafael (1508-1511) nas estancias do Papa no Vaticano. A muller tamén tivo en distintas tradicións  unha importante autoridade relixiosa. Un exemplo disto son as Sibilas gregas que Miguel Anxo (1508-1512) pintou na Capela Sixtina, contrapoñendo estas adiviñas pagáns aos profetas do Antigo Testamento; ou a coroación da Virxe na pintura de do Greco ((1591-1592).

2.O Bondadoso, protector, sustentador, o que dá crecemento, fertilidade e alimento (o maternal).

Identificar á muller coa fertilidade, a reproducción e a protección é outro dos aspectos típicos do arquetipo de muller. As imaxes da muller ovípara (Lichosthenes, 1557) e a Musa amamantando (Lavater) representan esaxeracións destes valores.

3.Lugar da transformación máxica, do renacer; o instinto ou o pulo que axuda.

Segundo a mitoloxía grega, cada vez que Perséfone sae do reino de Hades cara a Terra, atopándose coa súa nai Deméter (Deusa da Terra), iníciase a primavera e cando volve ao inferno, comenza o inverno. Este renacer e transformación máxica que ocorre tras a unión nai-filla, represéntase tamén na pintura "O regreso de Perséfone"  (Giordano, 1634-1705), que amosa as características de transformación e renacer da natureza expresados no arquetipo de nai. Ademais, a representación da muller facendo énfase en atributos emocionais e instintivos de axuda vese reflectido na imaxe da loba dando de mamar a Rómulo e Remo na orixe mitolóxica de Roma.

4.O segredo, agochado, tenebroso, o abismo, o mundo dos mortos, o que devora, seduce e envelena, o angustioso e inevitable.

Nunha sociedade dominada polos homes é moi doado atopar o aspecto tenebroso do arquetipo. O poder destrutivo da natureza, o inesperado da mesma, o descoñecido e o misterioso son cualidades do arquetipo de nai. A imaxe de Pandora (Marolles, 1965) que trae consigo a caixa coas desgrazas para os homes. A escea de bruxas en Goya (1798) amosa tamén ese aspecto de muller maior, illada do culto, que seduce, tenta e dana ao inocente.










ARQUETIPO DE ÁNIMA

Na teoría de Jung a ánima representa a parate feminina do home, mentres que o ánimus representa a parte masculina da muller. Tan importante é que o home acepte a súa feminidade como que a muller a súa masculinidade. Este arquetipo compensa os elementos conscientes asociados á identidade de xénero. Todo home leva a imaxe da muller en sí sempre. A ánima opera principalmente sobre as emocións e os afectos outorgando virtudes e rasgos que son  socialmente asociados á muller. Describiu tres categorías dicotómicas nas que se podía expresar a ánima:

1.Vella vs nova.

Deste xeito, o home infantil acostuma ter unha figura de ánima maternal e un maduro, unha figura máis nova. Pero o "demasiado vello" estaría compensado por unha figura moi nova, incluso por unha nena. Deste xeito, Gauguin encarnaría nas súas pinturas tahitianas á nativa sensual dun país novo e de natureza exuberante que o home europeo que procede dunha civilización gastada, esgotada, soña para reabastecerse.

2.Fada boa vs bruxa.

Unha boa parte do medo que inspira en moitos homes a figura feminina provén da imaxe da ánima. Este arquetipo amosa a muller que outorga dons e a personaxe malvada que os arrebata. Imaxes coma a da Muller arpía e a do Antipapa de Aldrovandi (1599-1642), ou a muller diaño (
Biutler, 1709). Segundo a mitoloxía grega, medusa coa cabeleira de serpes e a súa mirada pétrea era unha das tres irmás gorgonas que habitaban o confín occidental do mundo (Caravaggio, 1598). Na pintura de Brueghel (1568-1625), "A abundancia" e ba de Bayeu (1786) "A Deusa do bo consello" amosan o aspecto benébolo do arquetipo. É de destacar o medo que unha sociedade machista amosa con este arquetipo contra a muller.

3.Santa vs pecadora ou sedutora.

Pode verse a representación que fai Tiziano (1514-1515) en "Amor sacro e amor profano". No século XVI a xustaposición dunha muller espida portando unha chama (símbolo da mente, a caridade e a fe cristianas) e unha dona vestida con adornos era considerada a antítese entre os valores eternos e os temporais. O Amor sacro é a espida que representa a beleza universal e eterna. A muller vestida simboliza a beleza da terra, dos homes, os animais, as flores, as árbores, o ouro, as obras creadas pola arte ou a destreza. Tiziano representa a harmonía entre a beleza interior e o visible. Detrás da muller vestida hai unha cidade fortificada e dúas lebres que representan o amor animal e a fertilidade. Ao longo da historia realizáronse numerosas representacións de mulleres santas e un grande número de mulleres sedutoras, recórdese a Eva, ofrecéndolle a mazá a Adán, que ao igual que Pandora, continúa sendo o chivo expiatorio sobre o que recaen as desgrazas do home.

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario