APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 3 de agosto de 2014

O ARQUETIPO DO MAL E A PARANOIA


Cómo has caído del cielo hijo de la aurora! Has sido abatido a la Tierra dominador de naciones! Tú decias en tu corazón: "Escalaré los cielos, elevaré mi trono por encima de las estrellas de Dios; Me sentaré en el monte de la divina asamblea, en el confín del seteptrión escalaré las cimas de las nubes, seré semejante al Altísimo". 


Lucifer significa o portador da luz,  aquel que outorga o coñecemento e a liberdade por comparación con Prometeo. O nome provén do latín lux, luz e fero, traer. Na mitoloxía romana equivale ao grego Eósforo portador da aurora,  a estrela matutina, o luceiro da alba. Sen embargo, para o xudeo cristianismo é a sombra do logos, o divino tentador, o anxo caído, exemplo de beleza e sabiduría que remata no inferno con satanás co que é confundido.

A idea do diaño é unha das distorsións da naturaleza do home. Satanás, como naturaleza pervertida da persoa, comprende o dominio dos impulsos perversos e antisociais. Na súa forma máis pura, a paranoia parecera unha mixtura de "misticismo" e "inferno emocional" que penetran na persoa a traveso dunha particular visión de Deus e da moral; da cordura do xenio e da "demencia" máis profunda. As fases iniciais da esquizofrenia paranoide se caracterizan por ideas extrañas, "experiencias místicas", ideas de persecución e alucinacións, perda do sentido "fáctico" da linguaxe en relación co imaxinario e, básicamente, por unha lenta desintegración do "yo".

O paranoico percibe como unidade o que se mantén cuidadosamente separado na persoa "normal". A diferencia está en que as funcións están ordeadas de forma non lóxica. Esta clara distinción entre un universo simbólico e a "normalidade" da razón social é o instrumento que prescribe a sociedade como ferramenta para a seguridade e "correcto" funcionamento social. 

O paranoico é máis bondadoso e honesto que a persoa "normal". É honesto até a molestia e está en contacto permanente cos acontecementos; é profundo, ve a traveso da hipocresía que non esconde e posúe un marcado carácter afectivo emocional.

O inconscente non obedece a dimensións espacio temporais e reproduce na psique (alma) do paranoico experiencias ancestrais que son bloqueadas por completo pola conciencia da persoa "normal".  A honestidade no paranoico é ancestral mentres que as emocións e as experiencias profundas da persoa "normal" obrigan a escavar moito ates de que estea disposta a deixar "ver" con franqueza o seu interior. 

Se a persoa "normal" sostén que a autorealización e a verdade son as metas máis elevadas do ben individual e da vida social, debería estar máis disposta que o "louco" a manifestar o seu interior. A persoa "normal" bloquea o anemos (enerxía cósmica) mediante unha ríxida coraza ao redor do ego. Sen embargo, no paranoico a coraza se desintegra e o inconscente inunda á persoa de experiencias profundas para as que non está preparado psicolóxicamente. 

O místico, próximo ao paranoico desde o punto de vista estructural, é quen de captar algúns dos fenómenos que rodean ao paranoico e penetrar no que para calquera persoa "normal" é inaccesible.

A XENREIRA

"El justo no hiere a nadie; luego no convienen al justo ni la ira ni su hija la venganza." platón


Nunca houbo praga que máis dano fixera á humanidade que a Xenreira; asesinatos, infamias,  ciudades destruidas, nacións enteiras aniquiladas e pobos exterminados...

O neno cae e sen recibir ningún mal se enfada co chan e sente desexo de castigalo. A persoa se enfada, non coas persoas que lle fan mal, senón porque pensa que poden facerllo. O presentemento do dano irrita porque a intención é considerada unha inxuria A xenreira obedece á frustración do ego ao non poder apropiarse do obxecto desexado.

En contra do que pensaba Aristóteles, o animal é alleo á xenreira porque só se produce nos seres dotados de razón e o animal non sabe dis-culparse. Na enfermidade o primero que se percura é trocar o ordinario, modificarse para recobrar a saúde. Hai quen pensa que é máis fácil moderar a xennreira que afogala ou empregala. Pero a xenreira,  unha vez que tomou posesión da persoa, penetra na psique (alma) e non coñece límite nin restricción; unha vez quebrantada, non obedece máis que ao impulso que nos somete. A persoa non é dona de sí e non pode deterse ata chegar ao final. Extraviados os sentidos, se apodera da vontade.

A xenreira é inútil por moito que Aristóteles a utilice para xustificar ao seu discípulo, o "magno" Alejandro. Qué victoria alcanzařia sen ela...?. Evitemos utilizar a razón en apoio dos grandes vicios porque son os maiores adversarios da paz e da calma. Sen outra actividade que a da sede de poder, que somete pola prudencia e o temor, a qué tiranías nos veremos sometidos?. A única utilidade que ten a xenreira está nos campos de batalla onde o ego somete, humilla e fai inferior ao diferente.

A xenreira é inútil, dexenera en temeridade e nunca nos libera do perigo. É inevitable que a persoa de ben se irrite contra os malos di Teofastro, pero non é preciso encolerizarnos para ir na súa defensa, porque odiar aos que están equivocados non é bo para a persoa sensata. Ao maldecir aos que se equivocan nos maldecimos a nós mesmos, é como mexarlle ou escupirlle ao vento porque nos molesta.

Quen se considera inocente consulta máis a adulación das persoas que a súa propia conciencia Se unha persoa que non coñece o "camiño" se perde e atravesa a nosa eira, non sería mellor conducilo de novo ao camiño que condealo?.

sábado, 2 de agosto de 2014

O ANEMOS




"Lo que se hace consciente es el contenido ideativo del síntoma. La tensión requiere gratificación de la necesidad... "  W. Reich 

O anemos é a enerxía cósmica, o principio espiritual da actividade humana. Vai máis alá do "cerebro reptiliano" de McLean e do "Id" freudiano. A plasticidade neuronal está preparada para adecuarse biolóxicamente ao infinito. 

O home "primitivo" non pertenece a un estadio inferior da humanidade como se pensa, so pensaba e vivía de xeito diferente. O pensamento máxico  é un sistema ben articulado, elaborado, con operacións mentáis difíciles de comprender polo pensamento racional moderno.

Na mente humana quedan no inconscente os vestixios doutras civilizacións que se manifestan no fluxo do tempo de diferentes formas, moitas veces a traveso dos soños e incluso, a traveso das enfermidades mentais. 

A patología é un estado mental que indica que a conciencia do individuo non está en orde ou harmonía. A perda do equilibrio interno se manifesta en forma de síntoma. O síntoma pasa a ser un sinal portador de información que irrumpe na nosa vida e nos obliga a vivir pendentes del. Cando a persoa descubre que o síntoma é un camiño para atopar o que lle falta, recobra a saúde e ao vencer a enfermidade faise máis completo.

W. Reich alude á vinculación funcional entre a naturaleza viva e non viva, aínda que el non se refería a algo místico. A materia non viva procede da enerxía cósmica que acha a súa función a traveso da materia viva e a completa. Segundo Reich, o anhelo de superposición sexual (orgástico) vai sempre unido ao anhelo cósmico e a sensacións cósmicas.

Toda neurose se debe a demandas reprimidas polo ego. Son conflictos sen resolver que inclúen as demandas "primitivas" adquiridas e os desexos e temores que a persoa adquiriu ao longo da súa infancia que se filtran na conciencia con forma de arquetipos ou símbolos. O conflicto se expresa no síntoma neurótico e a solución pasa por traer á conciencia e aceptar o conflicto que permanece no inconscente. 

Segundo o Psicoanálisis, coa catarse o síntoma desaparece se o recoñecemos e o liberamos da represión do ego, pero na actualidade non sucede así porque a estructura do carácter é a cristalización do proceso sociolóxico da época que nos toca vivir e se fundamenta na represión e non aceptación polo ego do que en nós hai de "primitivo".


jueves, 31 de julio de 2014

INTERDICTO E NEUROSE

"No hay pesar más desgraciado que la costumbre de permanecer indeciso".  William James


Tabú é unha palabra que os polinesios utilizaban para referirse ao sacro para diferenciala da palabra noa que significaba o ordinario e accesible a todo o mundo. O mundo sacro ten para os pobos denominados "primitivos" un significado antagónico co mundo profano. Son dous estados da conciencia que orientan a conducta cara a bipolaridade. 

Existe unha separación esencial que caracteriza a continuidade entre os seres sacros e os profanos. A inclinación natural do sacro é extenderse sobre o profano pero, o estado que maior poder de acción teña, se impondrá e expulsará ao outro da conciencia.

Existen, nestes pobos, toda unha serie de ritos para encarnar a separación entre un estado e o outro. A súa función era impedir que se mezclaran e que houbera aproximacións indebidas coa fin de gardar o equilibrio e que un estado non invadira o dominio do outro.

Os ritos se limitaban a prohibir determinado tipo de actos cuxa violación se consideraba un desencadeante automático de desordes de todo tipo padecidos por aquel que os infrinxia. Deste xeito, o interdicto pasou a ter unha significación inquietante e perigosa. É o que hoxe entendemos por tabú grazas á interpretación que Freud fixo do mesmo.

Polo contaxio inherente a todo acto sacro, un ser profano non pode violar un interdicto sen que a forza sacra á que se aproxima indebidamente se extenda sobre el, emerxendo desde a escuridade para establecer "o seu imperio", invadindo a conciencia da persona con contidos inusitados e prohibicións ancestrais.

"O inconscente é crepuscular ata a escuridade e dispón dunha morea inconmensurable de datos e estratificacións depositadas no decurso das civilizacións ancestrais". Viviu a vida da familia, a do clan, a da fratría; vive a da sociedade moderna, e vivirá a das civilizacións vindeiras.

O inconscente preexiste sempre e nun mundo bipolar, o ego amosa sempre unha actitude ambivalente diente o obxecto prohibido. Por unha parte, experimenta o desexo de realizar o acto, e pola outra, o medo estampado no seu sistema límbico o reprime. A prohibición é conscente, pero a tendencia interdicta é plenamente inconscente polo que a persoa non se decata e a ignora. É precisamente, esa dobre vertente a que converte á persoa en neurótica. 

A orixe non hai que buscala na experiencia individual, senon nos resíduos da experiencia de toda a humanidade. Trátase de imaxes ancestrais, primordiales, como diría J. Burckhardt. Son a sedimentación de antigas formas de ver e contemplar o mundo, heredadas e perpetuadas polas civilizacións e ligadas a fenómenos de herencia xenética que se manifiestan a traveso de imaxes ou arquetipos e forman o sustrato máis fondo do noso inconscente, enigmático e difícil de descifrar. A maioría das veces non hai na historia da persoa ningún acontecemento que faga comprender ese simbolismo.



A ESPERANZA

"No suelen ser nuestras ideas las que nos hacen optimistas, sino que es nuestro talante optimista o pesimista el que hace nuestras Ideas". Miguel de Unamuno 

O sentido de futuro está profundamente arraigado nos seres humanos. Cando somos nenos pensamos como seremos de maiores e de maiores nos ilusionamos facendo plans para o futuro. Pasamos a vida facendo plans sen apenas ser conscentes delo. Todos estes plans, expectativas e ilusións alimentan a  nosa esperanza e nos serven para esquecer ou aliviar a dor existencial que nos producen os acontecementos negativos do noso pasado.

A confianza en que lograremos os nosos anhelos debémoslla a Prometeo, titán creador da humanidade. Por amor, Prometeo quixo dotarnos de luz e coñecemento, pero Zeus non llo permiteu, enfurecido encadeouno a unha rocha e como castigo enviou á terra a Pandora cunha caixa na que se gardaban todos os males. A curiosidade de Pandora ao abrir a caixa, fixo que se liberasen todos os males, expandíndose por toda a terra. Asustada, Pandora pechou a caixa a tempo de que non se liberara a esperanza que nos quedou como consolo.

A esperanza ten que ver co noso pasado. Abrangue as expectativas sobre o futuro e o significado que lle damos ao fado; o destino do xénero humano e a fe en que a maldade, a inxustiza e a violencia non triunfarán e non terán a última palabra.

É unha falacia pensar que planificar o futuro é un elemento fundamental para o noso equilibrio psicóloxico. A sociedade global se nutre desa necesidade humana de anticipar cando xeramos ansiedade. A angustia da incertidume nos invade e nos conmociona quebrando a nosa confianza.

A sensación de inseguridade nos envolve diariamente. A hipocresía política e a corrupción son o pan de cada día. Diariamente recibimos información sobre a morte e a desolación de milleiros de seres humanos. Asistimos impotentes a unha representación na que a economía, as bancarrotas, as débedas , os escándalos de corrupción, a perda dos aforros, a falta de traballo, as enfermedades...e un longo etcétera son unha ameaza constante á que non somos quen de acostumarnos.

Este estado de hipocresía e de abandono de valores humanos que nos invita a mirar para o outro lado cando o "outro" está sendo maltratado e, incluso masacrado, nos desconcerta e desanima contribuindo a un estado xeralizado de indefensión que menoscaba o noso mundo interior e a nosa seguridade.

Nun estado de indefensión, o ser humano está abandoado á súa sorte "nas mans" do sistema nervoso máis primitivo, o sistema nervoso autónomo, que dispara as emocións sen control e se prepara para loitar cun inimigo invisible: o medo.

Este estado de vixianza constante nos impide relaxarnos, interfire na nosa capacidade de relación, inflúe en todos os eidos da nosa vida e incluso nos impide disfrutar do noso tempo de lecer. Ademais debilita o noso sistema inmunolóxico e nos predispón para sufrir doenzas físicas e psicolóxicas. Un estado de alerta prolongado causa trastornos dixestivos, hipertensión, dores xeralizados, agotamiento, tensión nervosa, ansiedade, irritabilidade, mal humor, insomnio, tristeza, aillamento social, pensamentos negativos, dificultade para concentarse, e a moitas persoas as impulsa a buscar alivio no alcol e as drogas.

miércoles, 30 de julio de 2014

A SEXUALIDADE

"El sexo es una trampa de la naturaleza para no extinguirse". F. Nietzsche 

O amor e o sexo están profundamente arraigados na mitoloxía da civilización occidental. A vida vese como unha especie de redención, ben porque carecemos de iluminación, porque temos que desprendernos do karma ou porque nacimos baixo o pecado orixinal. Novalis diría que a vida é unha enfermidade do espíritu e polo tanto, unha desgraza.

Unha civilización machista, que lle outorga ao "feminino" o papel de inductora e instigadora do mal, debe aceptar que, curiosamente, a muller sexa o instrumento da vontade de vivir, con ela se inicia o eterno feminino e a traveso dela, a naturaleza crea o devir.

A división e a polaridade transmítense a traveso da sexualidade porque o home experimenta a súa "carencia" e busca completarse para permanecer nun estado de conciencia máis puro que asimila cun estado de felicidade. Busca manterse na unión dos polos opostos, na éxtase da felicidade; anhela volver á unidade.

A sexualidade contén o esquema básico do camiño, a unión dos polos na unidade, a conjunctio oppositorum. Pero a sexualidade ofrece unha felicidade transitoria que so dura un momento e logo perece. Sen embargo, este estado de conciencia pode liberarse unindo os dous polos na mente (alma); é dicir, a traveso do amor, que é atemporal.

A teoloxía cristiana denostou o corpo e o sexo de tal xeito que nós, herdeiros desa tradición, permanecemos no antagonismo irreconciliable entre o sexo e o espíritu e por extensión, entre o corpo e a alma. Confunden transmutación con represión e isto acarrexa graves consecuencias para o desenrolo armónico dos seres humanos.

Resulta comprensible que Freud relacione todos os problemas coa sexualidade. Pero a sexualidade non é máis que unha das formas de expresión da polaridade. C. Jung atribue á polaridade a maioría dos problemas da humanidade e á súa tentativa de unir os dous polos na unidade.

A maioría dos seres humanos anhelan descubrir, experimentar e resolver os seus problemas a traveso do sexo e aquel ou aquela que teña problemas sexuais, nada resolve coa fuxida. A polaridade sol e lua, lume e auga, masculino e feminino non implica valoracións. Cada polo por si so, está incompleto e precisa do outro polo. sería inútil que a auga se queixara por non arder. O lume renuncia a non arder para "crear vida" ao axuntarse coa auga. Entregarse non é doado porque esixe a renuncia do "yo" polo "nós" e que desapareza o predominio do ego.

martes, 29 de julio de 2014

VANITAS VANITATUM OMNIA VANITAS


"El hombre suele entregar la vida por la bolsa; pero entrega la vida por la vanidad". 
Miguel de Unamuno. 


A vanidade é a ansia por sobrevivirse. Precisamos que os demais nos vexan superiores para sentirnos ben e preferimos a mentira achada por nós que a verdade descuberta por otro. Fainos ilusión que a nosa memoria sobreviva por riba da memoria colectiva. Ávidus malae tamae como diría Tácito. Querer prolongarse no tempo e no espacio é como pretender que os ídolos non sexan derrubados pola masa que os encumbra.

A posteridade non é máis que unha sucesión de memorias. Hay quen afirma que no cristianismo primitivo non aparece a fe na otra vida, senon un próximo fin do mundo e o establecimiento do reino de deus. A noción nietzscheniana do eterno retorno é una idea do orfismo e a idea da vida como un periodo de proba (nirvana), forma parte da cultura helénica. O descubremento da morte, a dor, e o sufrimiento, revélanos o camiño da unidade de Deus. 

A idea de inmortalidade foi utilizada por Pablo de Tarso (xudio fariseo helenizado) para establecer como dogma central do cristianismo a resurrección de Cristo. O verbo se fai carne e padece para que o home se faga á imaxe de Deus, é dicir, inmortal. A creación do mundo e a finalidade da redención é salvarnos da enfermidade provocada polo "pecado" e da morte. En Nícea, e máis tarde no Vaticano triunfou a resurrección da carne. 

A preocupación polo pecado é angustiosa, aínda que Inmanuel Kant diga que a relixión depende da moral e non ao revés. Tal vez porque persiste no inconsciente colectivo a concepción xudea e pagán de que o pecado é algo infeccioso. Ao pecar Adán e Eva, o pecado se transmite como unha enfermidade.

Kierkegard identifica a inmortalidade con eternidade. O pensamento abstracto é sub specie aeterni e fai abstracción do concreto, do temporal, do devir da existencia, da inquietude da persona situada na existencia por una conxunción do eterno e o atemporal. A existencia é separación porque alonxa o "pensamento" do Ser, divide ao sujeto do objecto. Existir é estar fóra, diseminado no tempo e no espacio.

O individuo mentres existe xamais topa identidade entre ego, objecto e espíritu. O pensamento xamais alcanzará a inmortalidade. A fe na inmortalidade é irracional pero a razón e a intuición se precisan mútuamente. O coñecemento do espíritu necesita do corazón. Querer é crer, e é tan forte, que sobrepasa á razón. Antes que o racionalismo sempre estará o vitalismo coa vontade ergueita sobre a razón. 

A fin da vida é vivir e non explicar e a razón  e a vida repousan nun engano permanente. A razón nega a conciencia e o escepticismo vital procede do choque entre a razón e o desexo provocando a incertidume. Non podemos definir ao Ser (ou a Deus) porque sería imposible limitalo na nosa mente para explicalo.