APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 15 de enero de 2015

A DÉBEDA DO KARMA

"La suerte es una palabra que carece de sentido. Nada puede existir sin una causa". Voltaire


O Karma é a causa do que fixemos e do que imos facendo a cada momento que pasa. Os talentos cos que nacemos e todo o bo que nos sucediu e nos sucede, ao igual que os desafios nos que estamos mergullados, obedecen a esta causa. Calquera cousa que fagamos, voltará a nós nalgún momento. Karma significa oportunidade, responsabilidade e retribución. 

Ao tomar conciencia da responsabilidade para actuar, e da oportunidade que se nos ofrece para iluminar a nosa cosmovisión, colleitamos a mensaxe que lle dá sentido á vida. A vida está repleta de paradoxas cuxa solución nos mergulla nun novo dilema, a un nivel máis fondo, cara o camiño da sabiduría da nosa alma. Ao mergullarnos na luz que emiten as cousas, a naturaleza se converte na nosa mestra. 

Dicía Venado Negro, da tribu dos Siux, que a vida das persoas é como un círculo que vai de infancia a infancia. Todo na naturaleza é renovación. A naturaleza humana obedece a unha corrente de conciencia karmica que se renova de cote, e igual que a Ave Fénix, rexorde das propias cinzas para renacer de novo. As cinzas do finado conteñen a semente dunha nova vida. Non somos máis que unha construción do noso pasado. 

Os ciclos naturais do Karma poden axudarnos a acadar a calma en momentos de desesperación. Como diría Yung, atopar respostas para non finir coa sensación de que nos quedan cousas por facer. A forma é reaccionar á intuición que ven do alto e do noso interior, eliminando as respostas condicionadas. O importante é averiguar onde estamos para saber a onde imos. Escoitar os sentimentos e as emocións que nos transmite o corazón require pericia e determinación. Formamos parte dun todo e todos somos interdependentes uns dos outros.

Dicía Rumi: "...viaja del ser al Ser y encuentra la mina de oro... ". Busquemos o ouro na lama. A flor de loto brota nun lamazal, pero iso non lle impide ser pura e luminosa. Os erros son a porta do coñecemento, "só os que se atreven a chegar ao fondo, son quen de alcanzar algunha vez as alturas..." (R. Kennedy). Cada un de nós contemos a orixe seminal do todo, e igual que a suciedade non pode manchar o ouro, o espíritu non pode corromperse e conserva a beleza orixinaria. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario