APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 18 de enero de 2015

A QUÍMICA DO CORPO

"Siete son los senderos que cruzan el huerto infinito, y cada uno deberá transitarse con el cuerpo, el corazón y la mente... " Evanxeo Esenio da paz


A ciencia demostrou que os sentimentos producen unha química específica. A medida que cambiamos os nosos sentimentos, cambiamos a nosa química. Temos a química do odio, a química da xenreira, a química do amor, etc. As expresións biolóxicas das emocións se expresan no corpo a través das hormonas, dos anticorpos e das encimas presentes no noso benestar. 

A química do amor reafirma a vida reforzando o sistema inmunolóxico e as funcións que regulan o corpo. Mentres que a xenreira e o odio pola contra se manifestan como sentimento de culpa, creando cunha resposta inmunodeficiente que provoca,  entre outras doenzas, alteracións do estado de ánimo (que á larga se traducen en trastornos psicolóxicos) e do ritmo cardíaco. 

Vivir pendentes do ego, separados da totalidade, crea en nós un sistema de crenzas que xira ao redor de xuízos de valor que provocan determinadas reaccións químicas no noso corpo. Todo o que sabemos e experimentamos determina a nosa elección e condiciona o noso benestar futuro. O verdadeiro sentido da vida é facer visible o amor. 

A forma que toman os acontecementos na nosa vida é unha cuestión de enfoque. A nosa actitude e predisposición a aceptar calquera posibilidade sen prexulgala, conscentes de que podemos atraer ou repeler unha situación, é fundamental. Cada pensamento, sentimento, respiración, nutriente, movemento, etc., son unha forma de comunicación que nos leva a percibir, sentir, ou expresarnos dun determinado xeito co exterior; todas son formas de oración. 

A cada instante,  co noso pensamento, sentimento, ou emoción, estamos contribuindo ás situacións que se producen no mundo. Ás veces as nosas contribucións son directas e intencionadas, mentres que outras, contribuímos indirectamente sen, moitas veces, ser conscentes delo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario