APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 24 de enero de 2015

A TIRANÍA E O EGO

"Recordad, a lo largo de la historia, siempre ha habido tiranos y asesinos, y por un tiempo, han parecido invencibles. Pero siempre han acabado cayendo." Mahatma Gandhi 


Nada caracteriza a experiencia da vida dunha forma máis honrada e comprensiva que a experiencia do sufrimento. A nosa historia fálanos de grandes conquistas, de grandes civilizacións, e do descubrimento de grandes eventos,  pero oculta ou pasa por alto, o terrible sufrimento humano que acompañou a todos estes acontecementos. A historia das guerras, é a historia das persoas que son e foron feridas, mutiladas, destrozadas, arrasadas, torturadas, masacradas, humilladas e abandoadas. O "novo mundo" foi construído sobre o exterminio e o xenocidio, e a historia do "terceiro mundo" segue sendo a historia de humillacións e penalidades. 

As estructuras do poder que dominaron e dominan este mundo fan que os ricos sexan cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres. Milleiros de persoas están sendo excluídas da economía porque non poden consumir nin son produtoras. Simplemente non existen porque o ego se tragou o globo. A cosmovisión materialista baseada na supervivencia dos "máis aptos" cimenta unha mentalidade hipócrita que tenta controlar e dominar o mundo e impoñer a súa vontade a todo o universo, destruíndo sabidurías indíxenas milenarias. 

O ego comenza por apoderarse da persoa para erixirse no centro do mundo. Se manifesta por medio dun insaciable desexo de posesión e quere controlalo todo, a natureza, as persoas e os acontecementos. A economía do ego xira en torno da poderosa forza motriz do propio interés. Se compara co outro e compite polos eloxios, os privilexios, o poder e o diñeiro. Isto o converte en envidioso, celoso, rencoroso, hipócrita, falso, deshonesto e desconfiado. Xera medo, inseguridade, preocupación e ansiedade e carece de empatía. Intúe con facilidade o beneficio e refuta calquera achegamento ao que non lle pode "sacar partido". A liberdade, autonomía e independencia do ego son pura ilusión. So percibe a separación, o conflicto, e a rivalidade. 

Para medrar debemos acabar coa tiranía do ego que destrúe a posibilidade do "nosoutros". Din que hai semellanza entre a conduta lúdica dos meniños e a dos hipócritas. Nas dúas se finxe o que non se é, pero mentres os nenos o fan para divertirse, os hipócritas finxen para terxiversar a realidade. O hipócrita vive na mentira, mentres que o neno coñece a "verdade", por iso os seus xogos son tan divertidos.

O desapego non consiste no rexeite do afecto e a intimidade,  senon en aprender a non aferrarse ás cousas. Temos que diferenciar entre o apego e a entrega, e aprender a perdoar para ir máis aló das imputacións e das culpas. Pero non se trata dun perdón que peche os ollos á inxustiza e á corrupción. Os "imperios" se derrubaron sempre polas propias contradicións internas, polo rexurdir doutro imperio, ou, por outro poder máis eficaz: o poder da paz, a compaixón e a xustiza. Meister Eckhart dixo: "...se a única oración que dis é grazas..., é suficiente", porque, ao remate, como probaría Einstein, materia e enerxía, so son dúas formas da mesma cousa. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario