APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 29 de enero de 2015

NOETICA E KOSMOS

"Nada perece en el universo; cuanto en el acontece no pasa de meras transformaciones". Pitágoras



A psicoloxía transpersoal explora situacións nas que teñen lugar vivencias e situacións que conectan ás persoas coa experiencia espiritual e a autorealización. Unha das abordaxes para logralo consiste en crear unha "rede" noética que permita o desenrolo de todo o potencial humano. A rede de enerxía noética se conecta co Kosmos incrementando a cosmovisión para unha maior aprendizaxe da comunicación e da creatividade.

As sinerxías entre os nosos pensamentos, sentimentos, palabras e actos, proxéctannos a un mundo de aprendizaxe e creación constantes. Invitándonos a aprender a ver máis alá do esperado e facer da nosa vida unha experiencia permanente. A focalización e a sincronización noética implican o control do principio de causalidade, aprendendo a concentrar a enerxía na nosa intención para cambear a realidade.

O kosmos está interconectado nun "campo" invisible de conciencia. Se conectamos os nosos actos co pensamento e o sentimento, a través do amor e a intención, coa conciencia do Kosmos, podemos crear multitude de efectos nas áreas da saúde física, mental e espiritual.

A conexión entre seres humanos e naturaleza, e entre os humanos e o kosmos foi sempre obxecto de debate. O concepto indio de "Prana", e o "Chi" chinés, mencionan como exemplos destas sinerxías a saúde e a felicidade, e consideran á enfermidade como froito de desequilibrios na conexión con este tipo de enerxías. A liberdade implica que, quen queira ver que vexa, quen queira oír que oia, quen queira entender que entenda, o que queira crer que crea, o que queira aprender que aprenda e o que queira crear que cree. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario