APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 7 de enero de 2015

REVELACIÓNS (APOCALIPSE)

"Enrojecerá la blanquecina, palidecerá el ardoroso..."  Is., 24,23 



A través dos nosos actos presentes podemos profetizar como será o noso futuro. As nacións que fomentan a guerra, sucumbirán pola guerra. Só aquelas que elixan a paz poderán construir o futuro ser humano. Cando se utilice o amor, a compasión, e a xustiza, no lugar de invencións para "intervir" e crear desequilibrios, se atopará o verdadeiro camiño. 

A paz ten que lograrse a través do corazón e dun sentimento de unión de todos, para que se proxecte no mundo. A paz é a clave de todo coñecemento, é o camiño para desentrañar o misterio da vida. Según Max Planck, a mente é a matriz de toda materia. Non hai códigos máxicos escondidos detrás das palabras. A oración trascende as palabras e nos invita a mergullarnos no noso interior e identificarnos con todo o que existe. O poder da oración reside na intención e no sentimento que nos abre as portas do invisible. Pensamento e sentimento poden utilizarse para realizar cambios nas nosas vidas. 

Primeiro debemos achar a paz no noso interior, a continuación debemos buscala nos nosos pensamentos e, por  último temos que atopala nos nosos sentimentos. Para cambiar as condicións externas debemos proxectar o cambio desde o interior. Somos quen de transmitir dúas emocións primarias, o amor e o medo. O amor unifica e sana, o medo polariza, separa e enferma. 

O pensamento conduce o noso amor e o noso medo. É por medio do amor e do medo cara o mundo exterior que lle infundimos vida á nosa existencia. O amor atrae, persoas, condicións, e situacións, pero o medo as repele. Os esenios nos invitan a cambiar as emocións das nosas experiencias para observar a dor. Pasamos a vida defendéndonos contra a posibilidade e deste xeito, é posible que atraiamos aquelas situacións que tentamos evitar. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario