APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 29 de enero de 2015

A MENTE

"Todo lo que somos es mente; el universo es mental." El kybalion




        A esfera mental de cada persoa abrangue todo o kosmos e chega ás estrelas máis lonxanas. Esta é a causa de que vexamos, oiamos e nos sintamos un co Todo. O pensamento penetra todo o creado: mundos, soles, persoas e cousas. Todo está desde o nacemento no pensamento de cadaquén. I. Kant, en "La crítica de la razón pura", dixo: "...lo exterior es lo interior... ". Nos distintos planos da existencia, o material, o mental e o espiritual, dase a máxima: "...lo que es arriba, es abajo... ".
     Como dicía Heráclito, todo flúe, e a toda acción lle segue unha reacción, a un avance un retroceso e, a unha elevación, un fundimento. Respirar, coa subida e a baixada da caixa torácica, é semellante ao fluxo e refluxo do Kosmos. É na conciencia do fluir onde se atopa a harmonía e o equilibrio. Todo efecto ten a súa causa que se converte no fado. O azar non existe, todo o que nos sucede é froito de decisións, pensamentos e feitos do noso pasado. Cada acto xera unha enerxía kósmica que volve a nós. 
           O principio de correspondencia establece que o todo ten o seu reflexo en todas as súas partes. Toda a información do universo está grabada en cada célula do noso organismo e cada gota de seiva contén a árbore completa, como dicía Maharishi. Todo está en movemento, todo vibra. A vibración provén do latexo do Kosmos que, como o corazón, se contrae e se expande, permitindo a vida e a creación das formas. O verbo é, de feito, sonido, vibración e movemento. Dicía Gastón Sant Pierre que a conciencia é unha vibración de luz e sonido que aínda non se manifestou. 
        Luz e escuridade, amor e odio, son a mesma cousa en distinto grao que se polariza na conciencia humana. Todo é dual e ten o seu par de opostos. Pero os opostos poden ser reconciliados porque os extremos se tocan. Toda verdade non é máis que media verdade e toda paradoxa se concilia nun plano superior. A existencia humana se fundamenta na polaridade e so se alcanza a unidade coa iluminación. 
         Na división se manifesta o xénero, que brota como a "auga permanens" do latexo e do fluir da propia vida do Kosmos. Cada persoa abriga no interior o xénero neutro, que alberga os dous aspectos: o masculino e o feminino. O xénero sempre obedece aos principios de xerminación e creación,  e se manifesta a través dos xenes. A harmonía do xénero reside no equilibrio dos aspectos masculino e feminino que cada un de nós posúe. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario