APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 4 de octubre de 2014

A ÁRBORE DA VIDA

"La vida se me ha aparecido siempre como una planta que vive de su rizoma. Su vida propia no es perceptible, se esconde en el rizoma. Lo que es visible sobre la tierra dura solo un verano, luego se marchita, es un fenómeno efímero (...) lo que se ve es la flor, y ésta perece. El rizoma permanece. "  C.G.Jung 



O río da vida nos leva e numerosas vidas atravesan as augas estixias sen descubrir o seu propósito. Para Bach a finalidade da vida é a de aprender a transformar os defectos en virtudes e para Jung consiste en transformar o yo e expandir a nosa conciencia mediante a vivencia dos arquetipos como forzas evolutivas.

Seguro que o noso breve paso pola vida debe ser un momento no decurso da nosa evolución. Estamos aquí para obter o máximo de sabiduría e experiencia, para desenvolver virtudes e  eliminar todo o karma malo, avanzando deste xeito cara o perfeccionamento das nosas naturalezas. Neste camiño, a ánima nos guía e nos protexe para levarnos sempre a un estadio superior. Mentres a nosa alma e a nosa personalidade estean en harmonía teremos paz e saúde. Pero cando nos desviemos do camiño polos desexos do ego e a persuasión do poder, xurdirá o conflicto que é a raíz do sufrimento e da enfermidade. 

O ego so ten acceso a unha parte da realidade, pero podemos ampliar a súa capacidade de conciencia e recoñecer outras partes de nós e da realidade que permanecen no inconscente. O ego é unha máscara que permite axustarse activamente ao contorno e aos seus cambios, pero se nos identificamos únicamente coa máscara, estamos perdendo a oportunidade de descubrir todas as nosas potencialidades internas. 

A presión exercida polo medio impide que desarrollemos todo o noso potencial. Deste xeito se xera a sombra que influirá na ánima e fomentará o medo ao abandono que está detrás de todos os sentimentos de culpa, desexos de castigo, reconciliación e expiación. Por iso a maior dificultade está nas idades nas que o temor ás convencións e o falso concepto do deber se desenvolven de forma arrolladora. Por moi sutís que sexan os medios utilizados, debemos desenrolar ao máximo a nosa individualidade para aprender a transitar pola vida guiados pola nosa ánima e aferrándonos á liberdade. 

O temor atrae e provoca o motivo dos nosos medos. O segredo radica en non ter medo de temer e de sufrir ata que nos decatemos de que estamos no camiño. Existen situacións que por medo, dor, ansiedade, xenreira ou rexeite, superan o noso límite para aceptalas e utilizamos mecanismos para xustificalas e distorsionalas chegando a negar que existen. Se crean así puntos cegos, situacións que repetimos sen aprender. Son resistencias que se negan a emerxer e nos enferman. 

As cualidades adversas que herdamos son as que debemos aprender a rexeitar. Os erros e defectos das situacións adversas deben servirnos como indicacións do que nos esforzamos en desarrollar as virtudes opostas. A árbore da vida nos mostra os distintos niveis: corpo, emocións, mente, alma, espíritu, e nos instrúe sobre as relacións entre eles, formando un sistema que nos permita recoñecer o camiño e darlle sentido á existencia para integrar a experiencia e a vivencia espiritual neste mundo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario