APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 18 de octubre de 2014

SENTIMENTO DE CULPA (I)

"Aquel que a si mismo se culpa de su infortunio comienza a entrar en el camino de la sabiduría". Epícteto




A culpa a que se refire Epícteto nada ten que ver co sufrimento, senón coa responsabilidade. O sufrimento, o  castigo e o pecado asociados á culpa ten a súa orixe no pensamento xudeo-cristiano. No "Adán" andróxino, ao igual que no pensamento primitivo, non hai sitio para o pecado e o sufrimiento pola anticipación do castigo. Pero coa consumación do froito prohibido se inicia a culpa e a vergoña pola división e a separación con Deus.

Na inmensidade do Kosmos non existe a malicia, polo tanto non hai culpa. Deus, "intellectus" infinito, non impón un criterio arbitrario e xusticieiro da lei. Para facernos participar, sen imposicións, da súa esencia, nun delicado respecto polo noso ser e a nosa autonomía persoal, dotóunos  co don do intellectus para obrar con liberdade, o que implica aceptar os imprevisibles riscos que comporta,  xa que a capacidade do intellectus desborda o imperio das leis físicas e naturais. O ser humano ten o inmenso potencial de facer o ben e o terrible poder de facer o mal, de rexeitar a luz e abrazar a sombra.

A execución dos actos libres, se derivan da consciencia persoal de responsabilidade. Canta máis liberdade, máis amor, e o amor é o primeiro acto esencial da persoa libre. Os actos valen o que vale o amor que os move. Jesús por amor, nos libera da culpa, da división e da separación con  Deus, e coa súa morte na cruz nos redime do pecado orixinal para que a  culpa, lonxe de ser unha manifestación enturbiadora e patolóxica, se convirta na máis clara expresión de liberdade e na mellor garantía da nosa identidade existencial: poder facer o ben e rectificar cando se fai o mal. 

Para Sarte a liberdade é "unha pasión inútil"; o ser humano "está condenado a ser libre". Pero a liberdade non é un absurdo nin un mal,  senón que, polo contrario, é a expresión do intellectus. O non é máis que a ausencia de ben no corazón das persoas, como diría Einstein. O mal non ten sustancia ao igual que a escuridade, que non é máis que a ausencia de luz. As accións humanas poden ser impelidas polo inconscente e determinar no suxeito accións irracionais. O único remedio para non sucumbir á traxedia dunha existencia sen sustancia é aceptar a responsabilidade que confire a liberdade para actuar.

A historia é a consecuencia do esquecemento da responsabilidade. O devir dos acontecementos se debe á utilización que o ser humano fixo da realidade. É o ser humano o que sitúa ao ego e á voluntad de poder no epicentro da realidade, vaciando á vida de toda sustancia e despoxándoa da súa inocencia primitiva, instaurando intencionadamente unha moral hipócrita a través do castigo, e desviando a bondade orixinal cara o sentimento de culpa como elemento coercitivo, enturbiador e patolóxico que termina afianzando a maldade no mundo.

O sentimento de culpa que nega e despreza a vida, procede do desprazamento á sombra de parte do noso ser ao non poder manifestarse por temor ao tribunal invisible que mide a ofensa, pronuncia a condena e infrinxe o castigo. O pecado que "se cometeu nos albores da civilización" pesa como unha lousa e é como unha mancha da que non logran lavarse as mans nin o corazón. É unha culpa de contornos difusos e carácter angustiante, incoherente e absurda que "acecha" cando nos sentimos fracasados e que nos penetra até sentirnos culpables en espera de que o tribunal invisible emita a definitiva sentencia. Deus é o destino, nel está a sabiduría, e na mensaxe de Jesús as razóns seminais de todo o acontecer temporal. Jesús se converte no camiño que redime da culpa, do pecado e do castigo e ilumina o camiño de volta a Deus.








No hay comentarios:

Publicar un comentario