APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 30 de octubre de 2014

A VONTADE DE PODER

"La dominación tiene su propia estética y la dominación democrática tiene su estética democrática". Herbert Marcuse


Para A. Adler, a vontade de poder é a patoloxía por excelencia porque é a causante de graves desordes da personalidade.  Reside no sentimento de inferioridade que se desenrola na infancia e non é máis que unha forza compensadora destinada a poñer fin á inseguridade. O obxectivo é lograr a supremacía sobre os demais, aspirar a ser o máis forte e o mellor. Para santo Tomás é soberbia que se dá na "naturaleza caída".

A vontade de poder leva ao neurótico á "auto-divinización", unha especie de ideal da divinidade ao que tende polo seu afán de dominio e a súa ambición desmedida e que se corresponde coa soberbia, que busca o exceso como apetito de excelencia desmedida. O poderoso tenta imitar a Deus e sustituílo impoñendo o seu dominio porque odia ser como os demais. As situacións humillantes ás que se viu sometido na infancia afloran a través de rasgos de carácter defensivos creando unha vida artificial alonxada da realidade (non poucos homes de poder foron tratados na súa infancia con desprezo e,  en moitos casos se utilizaban diminutivos para nomealos).

A loita polo poder ten a misión de preservar a personalidade da humillación e o desprezo dos demais. Dese xeito se afirma con agresividade e hostilidade cunha constante actitude combativa. A sociedade se converte no seu campo de batalla polas súas desorbitadas ambicións de dominio.

Coa vontade de poder se evidencia un grave desorden na relación cos demais que se converte nun "mal para a sociedade", se elaboran dispositivos psíquicos dirixidos a asegurarse unha situación de preeminencia en todas as situacións da vida, a costa de exacerbar a súa afectividade e a súa agresividade. O poderoso se converte nun individuo orgulloso, egoísta, envidioso e avaro que en todo momento quere deslumbrar, ser o primeiro, pero que trema ante a posibilidade do fracaso. 

O amor ao próximo é contrario á soberbia da vontade de poder que é un desorden propio da exaltación do ego. Nos casos graves o ego chega a erixirse en señor da vida e da morte, propia e allea, conformando unha cultura da morte na que os poderosos se fan donos da vida dos inocentes, os débiles e os indefensos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario