APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 8 de octubre de 2014

HYPOKRESIA

"El hombre sólo es rico en hipocresía. En sus diez mil disfraces para engañar confía ; y con la doble llave  que  guarda su mansión para la ajena hace ganzúa de ladrón". Antonio Machado 




A palabra hipocresía ven do grego hypokrisis que significa actuar ou finxir. Tamén da raíz hypo, máscara e crytes, resposta. Viría sendo algo así como: "respostar con máscara". Se temos en conta que "persona" ven  do etrusco phersona e do grego prósopon e  significa "máscara" en referencia á máscara que usaban os actores no teatro, temos, que a hipocresía forma parte da estructura do ego, que é a máscara que se "pon" a persoa para explicar as súas accións polas circunstancias do ambiente e  atribuirlle ás accións dos demais unha característica innata. 

Somos moitos os que negamos que sexamos imperfectos e sometemos a condena aos outros. "Ay de vosotros, escrivas y fariseos, hipócritas!, porque cerráis el reino de los cielos delante de los hombres, pues ni vosotros entráis ni dejáis entrar" Mt 23:13. A proxección freudiana, co afán, quizais, de adaptarse ás "circunstancias do ambiente", libera á hipocresía da pesada carga da intención e manifesta que é máis un autoengano que un engano deliberado. O certo é que a hipocresía é unha das "ferramentas" do ego e é tan antiga como antigo é o mundo.

Para Freud a hipocresía é un mecanismo de defensa. Desde a falacia do argumento ad hominen, moitos estudiosos arrimaron o hombro para buscarlle unha xustificación á socialización da hipocresía e redimila. Seica debe ser algo así como unha "defensa esencial" contra o fanatismo e até pode ser beneficiosa moralmente.

Algúns teorizadores dos negocios defenden a utilidade da hipocresía chegando a afirmar que os conflictos xurdidos pola hipocresía son unha parte necesaria e beneficiosa do ser humano e da sociedade no seu conxunto (se supón que é o criterio que seguen os lobbys financeiros e a teoría política moderna). Krasner suxire que nas relacións internacionais, é a soberanía causada pola paz de Westfalia, a que reafirma o principio de cuios regio, eios religio; é dicir, que a fe do líder se converte na denominación oficial do estado, iniciándose así,  a "hipocresía organizada".

Como diría Foucault existe unha complexa disposición das liñas de visión, o ocultamento e a apariencia. Todos os períodos da historia posuiron "certas condicións subxacentes de verdade" que constitúen o que é aceptable e os sistemas de pensamento  e  de coñecemento (episteme ou formacións discursivas) están rexidos por regras dominantes máis alá de gramáticas e lóxicas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario