APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 28 de octubre de 2014

A VIAXE AO HADES

"A excepción del hombre, ningún ser se maravilla de su propia existencia". A. Schopenhauer


A viaxe como arquetipo existencial se configura como un incesante deambular desprovisto de orixe e de regreso. É a existencia como movemento perpetuo nun mundo en constante cambio. A memoria é a forma psicolóxica e espiritual do regreso e sen memoria do anterior non existe posibilidade de volta. 

Entre a arquitectura e a memoria hai unha vella alianza que procede de que as dúas se derivan do hábito. O arquitecto habilita os lugares para o habitante que volve. Para Homero, a terra e a memoria son como a vida, que é o espacio onde cabe medrar e deixar pegada. A vida é "un medrar que garda a pegada de sí, dentro e fóra, no hábito". 

O Hades é a sutura liminar entre o ceo e a terra, o lar do esquecemento alén da memoria. Para a mitoloxía grega, estar morto é como estar vivo, unha forma de habitar un lugar, pero a diferencia do ceo e da terra,  o Hades é invisible como quenes o habitan, despoxados da entidade que lle daban as súas figuras,  aparecen como espíritus e sombras cunha pegada feita da ausencia do corpo que un día existeu.

A invisibilidade do Hades e a ausencia dos seus habitantes que nunca se acaba, se parece ao soños que só se poden ver se se evita espertar e se dorme para sempre. Tratar cos habitantes do Hades é como confundir vixía e soño porque morrer é quedar fóra do alcance dos vivos que non poden ter máis presencia deles que a dos soños.

Como un mal soño, a inexistencia aterroriza ás persoas porque acecha á vixía de cotío e transforma a vida nun soño cuxa brevidade contrasta co sinfín da morte e, como o soño e o invisible, escapa ao coñecemento. A luz da vixía se establece no Hades que se lle fai impenetrable como o reino das sombras, do soño e do letargo da noite.

Leteo é a fonte da que mana o torrente do olvido e para chegar ao Hades hai que cruzalo ou beber as súas augas, o que significa tanto como esquecer o que se foi e o que se fixo, olvidar o nome e a historia. Alá quedan os amores, os odios e as envidias; xa non tomarán parte no que acontece baixo o sol. As almas non respostan a nombre algún e deambulan nun soño sen sustancia porque a morte é a transfiguración por desvaecemento que fai perder a visibilidade do corpo e da identidade; é dicir,  os recordos. Ambos, o corpo e a memoria quedan ao outro lado do río do olvido. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario