APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 8 de octubre de 2014

A PEL

"Tu piel me atrae con la gravedad del cosmos que afuera sufre su negra eternidad impenetrable". Gioconda Belli



A pel cumple múltiples funcións: delimita e protexe, permite o contacto, é un vehículo de expresión e cumple unha importante función como estímulo sexual, ademáis da respiración, a exudación e a termorregulación. Todas as funcións xiran ao redor de dous polos, a separación e o contacto e a través da pel estamos en contacto co exterior. 

A pel reflexa o noso modo de ser. Toda perturbación dun dos nosos órganos internos se proxecta na pel e toda afección dunha zona da pel se transmite ao órgano correspondente. Según Head as zonas da pel están inervadas por segmentos medulares que inervan ao mesmo tempo vísceras abdominais ou torácicas e os trastornos destas vísceras determinan hiperestesias cutáneas nas zonas correspondentes. 

Detrás de todo o creado hai un esquema invisible que se manifesta no mundo material. "Pars pro toto", en cada parte recoñecemos o todo. Antiguamente se utilizaban sistemas sofisticados para averiguar o carácter da persoa polo lugar no que aparecían as manchas hepáticas. A pel é a proxección de procesos somáticos e psíquicos aínda que utilicemos a cosmética para manipulala tentando alterar a conciencia entre contido e forma e amosar a máscara cambiando o ser polo parecer.  Unha persoa ponse colorada de vergoña, pálida de susto, suda de medo e excitación; se lle pon a pel de "galiña", etc. Jung explorou este fenómeno con experimentos asociativos e hoxe se pode "dialogar" coa pel que resposta cunha inmediata alteración da súa conductividade eléctrica chamado PGR ou ESR. 

Baixo unha pel sensible hai unha alma sensible. Unha pel sudorosa mostra o medo e a inseguridade e un rostro colorado amosa excitación. A pel pode ser atacada desde o interior e o exterior e un non sempre consegue "salvar a pel". Na puberdade aflora a sexualidade e os seus imperativos son reprimidos con temor porque o novo desexo é descoñecido e insólito e nos mete medo. Nos gustaría dar marcha atrás e recuperar a tranquilidade do estado anterior, pero non é posible. Espertamos ao desexo do Tú, o outro polo. Queremos entrar na outra parte para sentirnos completos pero non nos atrevemos. Entón xorden as fantasías e a vergoña que se manifesta na erupción da pel. 

A pel é a fronteira do Yo que temos que cruzar para encontrarnos co Tú. A erupción do adolescente mostra a enerxía que quere ir ao encontro do Tú. Pero se non se sente seguro xorde o acné que obstaculiza a relación e impide a sexualidade e se inicia o círculo vicioso que leva a contraer acné por non vivir a sexualidade. O reprimido desexo de inflamar ao outro se transforma nunha inflamación da pel.  A vergoña pola sexualidade se troca en vergoña polos graos na cara. 

Moitos médicos recetan a píldora con bos resultados. Hai un fondo simbólico: a píldora semella un embarazo e desde ese momento o acné desaparece porque non hai nada que evitar. Tamén se dan bos resultados con baños de sol e mar porque o espirse é un primeiro paso de apertura e o sol sustitue de modo inofensivo o ansiado e temido calor do corpo do outro. Todos sabemos que a sexualidade vivida é o mellor remedio contra o acné.

Coa psoriasis, a protección natural da pel se troca en coraza. Un non quere que entre nin salga nada, se blinda polos catro costados, é o desexo de aillamento psíquico ou "blindaxe de carácter" como diría Reich. O caparazón aparta á alma do río da vida e a oprime facendo medrar a angustia. Na psoriasis os extremos se tocan, a vulnerabilidade e a autodefensa poñen de manifesto o conflicto entre o desexo e o temor á proximidade. 

Todo o dito pode aplicarse a grandes rasgos a todas as erupcións cutáneas. Unha erupción cutánea sempre indica a represión de algo que tenta atravesar a fronteira e saír á luz (o coñecemento). Por medio da erupción se amosa algo que permanecía escondido. Do mesmo xeito que detrás do picor se esconde a pasión, un ardor, un desexo que está presionando para ser descuberto. O rascar ou cavar na terra ten por finalidade sacar algo á luz e o que ten picores se rasca e escava buscando o que lle pica, o lema é:rascar na conciencia ata atopar qué é o que quere saír á luz. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario