APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 1 de octubre de 2014

PHYSIS

"Podrán  cortar todas  las  flores, 
pero no podrán detener la primavera."  Pablo Neruda



Physis deriva do verbo physeo: "nacer", "brotar". A naturaleza é unha totalidade na que un quere mergullarse; lugar de recreo e obstáculo a superar. A forza da naturaleza é semellante á do xenio que se sente preto da terra e sabe que as súas manifestacións están próximas ao corazón, pero tamén ás manifestacións terroríficas e amenazadores que xacen ocultas nela. 

Mentres que a ciencia tenta aillar e separar, as necesidades íntimas do ser aspiran sempre a unificar. Así como as palabras son pezas dun mosaico que se engarzan unhas con outras para conformar unha totalidade que lle dea sentido a cada unha das partes, os fenómenos se insertan nun contexto omniabarcante do que a mirada científica prescinde. 

Goethe diserta da determinación unilateral que só atende á natura naturata porque a naturaleza é creadora. É a tensión entre a multiplicidade do particular e a necesidade de ordenar o observado. Semellantes son todas as formas e ningunha é semellante a outra. Schiller sinalaba que a metamorfose das prantas non é unha experiencia, senón unha idea.

A Physis é o compendio de todo o que existe e das súas posibles formas fenoménicas na súa globalidade. A naturaleza "bruta", "espida", a "pura materia", é algo escuro e terrible pola  que os seres humanos nunca poderán sentirse acollidos. Newton separou o experimento dos seres humanos, pero a persoa é o mellor e máis preciso aparello físico que hai. 

Hai que observar "fielmente" a naturaleza para ver que todo o que se nos aparece, todo o que nos sae ao paso como fenómeno ten unha disociación orixinaria que é susceptible de unificar. Unificar o disociado é a función da Physis; é o eterno sístole e diástole, a eterna synkrisis e dyakrisis; o inspirar e expirar do mundo no que vivimos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario