APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

sábado, 4 de octubre de 2014

FIDES

"...tu fe te ha salvado, vete en paz y queda curada de tu enfermedad". Jesús de Nazaret




Dicía Tolstoi que non se pode vivir sen fe. Que se a persoa vive é porque cré en algo. A fe dá seguridade e confianza, significa primeiro coñecemento conscente e despois a práctica de boas accións. Na linguaxe Pali a saddha é convicción, determinación e ledicia e ten o obxectivo de conducir á iluminación, o boddi e ao nirvana. Implica resolución e valentía. Combina o propósito firme e a confianza de que se pode lograr o que se persigue. 

Cando as "cousas da vida" nos sobrepasan, cando sentimos que cada obstáculo que se nos presenta fai que o noso mundo se desplome, precisamos crer en algo que lle dea sentido ao que facemos. A fe é clave para gañar o control das nosas vidas, explorar todos os niveis da existencia e alcanzar a vontade coa que superar os problemas e o desexo do ego. 

A fe se aplica a algo que non podemos comprender lóxicamente, sen embargo é precisa cando se quere comprender. Crer é ver e a fe transforma a mirada das persoas levándoas a concretar os obxectivos e a non rendirse ante os fracasos continuando fiel ás súas metas. Con fe vense claros os obxectivos aínda que non se atopen ao alcance. 

A fe non representa en sí mesma un sentimento pleno de logro, senón que é un medio que nos leva ao coñecemento. Todas as relacións se fundamentan na fe: país e fillos, home e muller, amigos, veciños e comunidades. A transferencia da realidade, a honestidade e a integridade se traducen na necesidade de ser honestos con nos mesmos e coas nosas capacidades e os nosos obxectivos. 

Non temos que confundir os medios coas causas nin coas fins. A fe forma parte da nosa estructura básica. Podemos crer que é a medicina a única que cura, pero só é un medio, e unha vez que creemos isto, comenzamos inevitablemente a pensar nos medios como fins en si mesmos. Pero as fins non se xustifican polos medios máis que nas mentes de persoas que precisan detentar o poder ou defender privilexios materiais. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario