APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 17 de diciembre de 2013

O TEMPO (E=mc2) (II)

"...el alma virtuosa puede aspirar a la eternidad, abrazar y comprender las grandes renovaciones cíclicas de la creación y percibir así que las futuras generaciones no presenciarán nada nuevo.". Marco Aurelio

A maioría de nós  entendemos o tempo como algo que se prolonga en línea recta cara ao futuro. Isto é algo que herdamos do xudeo-cristianismo. Pensamos no tempo como unha cantidade abstrata que pode dividirse en horas, minutos e segundos. Pero a maioría das civilizacións antigas non compartían esa visión do tempo como algo lineal que se prolonga nun futuro indefinido. 

Os pobos antigos pensaban que o tempo era cíclico; que o mundo estaba condeado a repetirse indefinidamente. Isto é o que pensaban os seguidores de Pitágoras, os estoicos e parte dos neoplatónicos, pensaban que os seres humanos estaban destinados a volver a nacer en ciclos futuros e que os mesmos acontecementos (ou semellantes) se repetían unha e outra vez (doutrina do eterno retorno). Incluso Aristóteles que rexeitou a teoría do eterno retorno pensaba que a historia seguía esquemas cíclicos e que o tempo se podía considerar circular.

Os babilonios eran uns magníficos astrónomos, dispoñían de catálogos de estrelas, tiñan constancia do movemento dos planetas e dispuñan de técnicas matemáticas tan complexas coma as que usaban os occidentais nos tempos de Copérnico. O astrónomo babilonio Kidinnu calculou o movemento do Sol cunha precisión que non se superou até o século XX. Querían saber o que ocurrira no pasado para desenrolar técnicas que lles permitiran prever acontecementos futuros. Na dinastía Caldea en Mesopotamia (625-539 a.C.) voltárase preponderante esta idea. Séneca relataba que o sacerdote babilónico Beroso, uns trescentos anos atrás (290-270 a.C.) ensinaba que o mundo sufría unha total destrucción para voltar a ser creado a intervalos periódicos. Os sucesos amosaban esquemas cíclicos paralelos aos que se lían no ceo. Platón, no "Timeo" dá unha definición disto. Parece que sitúan a duración entre ciclos duns 36.000 anos.

Aristóteles, nos seus "Problemas", apunta: "De ser un círculo la vida humana, al no tener el círculo ni principio ni fin, no tenemos por qué ser "anteriores"  a quienes vivieron en tiempos de Troya, ni ser ellos "anteriores" a nosostros por estar más cerca del principio". Os estoicos chegaron á conclusión de que o tempo implicaba un ríxido determinismo, xa que o que ocurriría no futuro non sería máis ca unha repetición do pasado, polo que os humanos eran incapaces de influir no decurso dos acontecementos. Pero, ainda que non se pudera alterar o fado, quedaba a posibilidade de cultivar a vontade virtuosa porque só a vontade humana é libre. 

A filosofía india no tempo dos Vedas (1500-600 a.C.) concebía os ciclos dentro doutros cósmicos de creación e destrucción que se prolongaban eternamente. Os antigos chinos, imaxinaban o Cosmos coma unha interacción entre o Ying e o Yang. Os mayas tamén crían no tempo cíclico e non é casualidade que os españoles decidiran someter aos itza no ano 1698, ano no que crían que se produciría a catástrofe cíclica. Os misioneiros españoles visitaran ese mesmo pobo uns oitenta anos antes e se enteraran da crenza do pobo itza na data para a que estaba previsto o final daquel ciclo. Segundo a colección de mitos nórdicos que se coñece co nome dos Edda en prosa, o Ceo e a Terra quedarían destruidos ao producirse o Ragnarok "Crepúsculo dos deuses", nome que utilizou Richard Wagner para unha das súas óperas cando aínda contaba coa amizade de Nietzsche.

Posto que a idea do tempo cíclico aparece en tantas culturas, parece ilóxico consideralo como un fenómeno lineal, pero o xudaísmo e o cristianismo céntranse en acontecementos históricos únicos, así no éxodo de Exipto só ocurrira unha vez, xa que era un feito de grande transcendencia relixiosa. As promesas de Deus a Abraham, as leis de Moisés...A historia é un contexto no que se cumplen os propósitos de Deus e sería unha blasfemia pretender que estes feitos se repetirían unha e outra vez, ainda que non lles era allea a idea do tempo cíclico, xa que no Eclesiastés din: "Lo que ha sido es lo que será; y lo que se ha hecho, lo que se hará; y no hay nada nuevo bajo el Sol.". Segundo o cristianismo, "...se le pidió entonces a Cristo que cargara con los pecados de muchos", dí S. Pablo na Epístola aos hebreos en en Pedro 3:18 " Porque Cristo también sufrió en una ocasión por los pecados.". San Agustín acusou á doutrina do tempo cíclico de ser promulgada por sabios "engañosos y engañados", ademais de ser insensata e impía. Durante o século XIII Étienne Tempier, bispo de París, dixo que debían condearse por heréticos os postuladores do tempo cíclico. Pero a pesares disto, o tempo cíclico continuou a ser motivo de debate no renacemento e no seculo XIX, F. Nietzsche propuso que se o Universo era finito e o tempo infinito, era inevitable que se repetiran unha e outra vez os acontecementos. Pero o cristianismo proporá a resurrección da vida co mesmo corpo só ao final dos tempos.

Isaac Newton cría saber o que era o tempo e ao comenzo dos "Principia", escribiu: "El tiempo absoluto, verdadero y matemático, por sí solo, y debido a su propia naturaleza, fluye regular, sin relación con nada exterior a él.". Hoxe sabemos que estaba enganado porque o tempo é relativo tal como demostra a teoría restrinxida da relatividade, xa que o tempo depende do estado de movemento do observador. A relatividade dinos que se un acontecemento A, precede a un B no sistema de referencia dun observador, a orde pode invertirse no sistema de referencia doutro observador.  Cabe preguntarse se non pudera invertirse o tempo nun Universo que se estivera contraendo. No caso de existir seres intelixentes nesa etapa do Universo, non lles sorprendería que todo funcionase cara atrás, xa que os seus procesos mentais funcionarían ao revés, "pensarían cara atrás" polo que verían os fenómenos exactamente igual que nós, verían a contracción do Universo coma se fora unha expansión e voltarían a vista cara o big crunch coma se fora o bing bang, o comenzo do Universo, non o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario