APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 23 de febrero de 2014

A SOMBRA E A ENFERMIDADE

"O, what a noble mind is here o'erthrown!". Lamento de Ofelia (Shakespeare)
(¡Oh, qué noble espíritu ha quedado destruido aquí!)


A sombra fai que todos os propósitos e os afáns do ser humano lle reporten, en última instancia, o contrario do que perseguía. O ser humano proxecta no mal anónimo que existe no mundo todas as manifestacións que saen da súa sombra porque ten medo de atopar en sí mesmo a verdadeira fonte de toda desgracia. Insistimos en borrar do mundo todo o que valoramos negativamente. Pero como isto é imposible, este intento se converte nunha pugna constante que garantiza que nos ocupemos con especial intensidade da parte da realidade que rexeitamos. Deste xeito a persoa se acerca ao principio rexeitado ata chegar a vivilo.

Non debemos pasar por alto que rechazo e loita significan entrega e obsesión. A nosa sombra nos angustia, é a suma de todo o que estamos convencidos que tería que desterrarse do mundo. O contorno fai de espello no que nos miramos e no que vemos a sombra que non podemos ver en nós. Do mesmo xeito que para ver algunhas partes do noso corpo precisamos un espello, tamén para a nosa mente padecemos unha cegueira parcial e só podemos recoñecer a parte que nos é invisible no mundo exterior.

A sombra nos fai incompletos e para estar completos fáltanos todo o que hai nela. A narración do Santo Grial trata precisamente disto. Anfortas enferma e non pode curar porque non se atreve a preguntar sobre a verdadeira casua da súa ferida. A sombra enferma e a soa pregunta acerca do mal, o lado escuro do ser humano, ten poder curativo. Viaxar á escuridade é terapéutico por iso todos os heroes míticos tiñan que loitar con monstruos, dragóns, diaños e incluso contra o mesmo inferno. Un síntoma sempre é unha parte da sombra que se introduce na materia; completa ao home, é o sucedáneo físico daquelo que lle falta á alma.

O noso corpo é un espello da alma e nos amosa aquelo que a alma non pode recoñecer máis que por un reflexo. A sombra fai que o ser humano simule e evite aquelo co que non se identifica e non se ve. A sinceridade para cun mesmo é unha das máis duras esixencias que pode facerse. Desde sempre o coñecemento dun mesmo é a tarefa máis importante e máis dificil que pode acometer o que busca a verdade. O descubremento do propio ser non significa descubrir o eu, xa que o ser o abarca todo e o eu coa súa inhibición impide o coñecemento do todo, do ser.

A enfermidade nos fai sinceiros porque trae á luz aquelo que a nosa mente trata de desterrar e esconder. A maioría das persoas temos problemas para falar dos nosos problemas máis fondos, supoñendo que os coñezamos. Os síntomas, pola contra, o explican todo con todo luxo de detalles á menor ocasión. A enfermidade é franca e sinceira e descobre implacablemente o fondo da alma que se mantiña escondido; restitúe o equilibrio do individuo e desinfla o ego bruscamente. O ser humano é unha réplica do universo e contén latente na súa conciencia a suma de todos os principios do ser. O síntoma é a concreción  somática do que lle falta á conciencia e ao facer aflorar os elementos reprimidos nos completa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario