APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 20 de febrero de 2014

O EGO E A CONCIENCIA

"La conciencia es una condición del ser.". C.G. Jung


Temos que concederlle a Kant que o "eu penso" de Descartes acompañe todas as nosas representacións. Descartes deduceu que o "eu" era a alma cuxa esencia é o pensar. Para Sartre, nos descubrimos fronte ao outro que precisamos para existir. Locke dirá que é a conciencia a que constitúe e define a persoa como tal e Martin Bubert insistirá que a palabra primordial non é o vocablo "eu", senón o par de vocablos "eu-ti".

O ser humano é un ser de relacións, pero o "eu" que habita os estados de conciencia do home occidental e que opera a síntese da nosa experiencia é un acontecemento recente. De feito perduran estados de conciencia sen "eu" que non son necesariamente estados do inconscente. A conciencia non é un conxunto de condicións lóxicas senón un feito absoluto.

É a conciencia trascendental a que configura o mundo. O eu nunca é trascendental nin posúe unha conciencia absoluta. É un producto da cultura e non é máis que unha fase temporal, unha "duré". É doado concebir conciencias impersoais en innumerables grupos humanos ao longo da historia. A conciencia queda polarizada no ego porque esquecemos o sentido do "nosoutros", da totalidade, co que as nosas percepcións e os nosos pensamentos xiran en torno ao núcleo do "ego" permanentemente. O eu fuxe do nosoutros e se refuxia no interior. O obxecto é intrascendente para as conciencias até que o apresan e é nel onde opera a bipolaridade do ego.

O eu trascendental non ten razón de ser. Dicir conciencia é dicir toda a conciencia. As conciencias particulares se unifican co tempo. Ese eu ligado ao obxecto é perxudicial, divide a conciencia, é a morte da conciencia trascendental. A existencia da conciencia é absoluta, os obxectos só existen en función dela, non é conciencia do obxecto, senón conciencia que crea o obxecto. A conciencia é ela mesma o seu obxecto e non existe o obxecto fóra dela. O eu é unha estructura da conciencia por medio da que perde ese carácter que facía dela o existente absoluto.

O "eu penso" está mediado polo discurso, a lóxica e a historia. Construimos así unha "egoloxía" a partires do "cogito". Cada vez que apresamos un pensamento facemos da certidume do cogito algo absoluto, unha unidade da conciencia reflexionante e reflesionada. Contrariamente ao que sempre se afirmou, toda conciencia non é conciencia de algo, senón conciencia para algo. O "eu penso" non é máis que un acto reflexivo da conciencia. Todo pensamento intuitivo posúe un "eu", pero non é só "eu". Posiblemente por iso dixo Tirchner no seu "Tex-book of psychology" que a miudo o "eu" estaba ausente da súa conciencia. A presencia do eu é un acto da conciencia que modifica a conciencia expontánea. Como diría Sartre: cando corro para tomar o tranvía, cando miro a hora, cando estou absorto contemplando unha pintura, non hai "eu", "hai conciencia de tranvía-debendo-ser-alcanzado, etc.". Non estou sumerxido no mundo dos obxectos e non son eles os que constitúen a unidade da miña conciencia, senón que son os obxectos os que están sumerxidos no mundo da miña conciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario