APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 6 de febrero de 2014

PENSAMENTO DIVERXENTE

"Hasta nuestros días se ha admitido que todos nuestros conocimientos deben regularse por los objetos...Ensáyese..., a ver si no tendríamos mejor éxito... aceptando que son los objetos los que deben regularse por nuestros conocimientos...". E. Kant

Cando a persoa pensa, xa non está en contacto coa realidade, entre a mente e as cousas se interpoñen símbolos, representacións mentais da realidade. Os símbolos poden ser imaxes, palabras ou conceptos e se poden "manexar". Enmanuel Kant observou que as matemáticas e a física triunfaron desde o momento en que revolucionaron os seus métodos; en cambio, a metafísica non. Propón unha revolución no xeito de pensar os problemas metafísicos: invertir totalmente o plantexamento do problema. Non é a realidade a que rixe o pensamento, senón o pensamento o que rixe a realidade.

Guilford (1960) afirmaba que as probas de intelixencia e en xeral as dos exames non prevían máis que unha soa resposta acertada para cada pregunta. Deste xeito as respostas "orixinais" quedaban excluidas. Así se fomentou o conformismo e a falta de creatividade. Gilford chamoulle a isto "pensamento converxente", aquel que "converxe" cara a resposta prevista, xa "sabida" e coherente cos coñecementos convencionais; en cambio, o "pensamento diverxente" debe entenderse como o que dá respostas insólitas pero realmente valiosas. Lástima que os examinadores actuais carezan deste tipo de intelixencia para valorar a habilidade de xerar variedade de ideas e enfoques novos sobre un problema.

O pensamento diverxente non é o único elemento da creatividade. Tamén se utiliza a imaxinación, a afectividade e outras habilidades intelectuais. Non podemos facer outra cousa que, como dicía Goethe, apilar leña e deixala que seque; arderá ao seu debido tempo. A curiosidade infatigable fai que o inconscente elimine as interferencias. Louis de Broglie, creador da mecánica ondulatoria escribiu: "...no hay que concluir, para alegría de los perezosos, que es inútil trabajar, que los descubrimientos llegan por sí solos y que para hacerlos basta con dar un paseo. Si el fruto de nuestro esfuerzo se nos ofrece con tanta frecuencia durante el descanso o la distracción, es porque ha madurado prolongadamente durante el estudio y la meditación". A miudo o acto creativo xorde por un sentimento interior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario