APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 6 de febrero de 2014

MOTIVACIÓN E COMPORTAMENTO

"Veo lo mejor y lo apruebo, pero hago lo peor". Metamorfese (Ovidio)


A conduta humana non se explica únicamente polo par de variables estímulo-resposta. A variedade e a riqueza das respostas que pode dar unha persoa diante estímulos semellantes obriga a introducir novas variables, algunhas difícilmente observables. Se as motivacións cambian ou cesan, a conducta experimenta profundas modificacións. A conduta humana cesa se cesa a motivación que a sustenta e que se acha penetrada profundamente por elemtos culturais. As ideas por sí soas non explican o comportamento, hai que ter en conta a motivación.

A motivación son os impulsos que desafían a nosa pereza e nos moven a actuar. A mente non descansa, algo nos move sempre desde dentro, un factor enerxético e direccional. Os motivos poden ser inconscentes e incluso nunca aflorar á conciencia. Na sociedade actual móvenos a preocupación polo futuro, a curiosidade do material, o desexo, o temor, o castigo..., e isto aféctalle á percepción da realidade, á memoria e á motivación. A excesiva estimulación dos medios de comunicación crea estados de emoción e ansiedade que chegan a perturbar o rendemento e a acción.

Plauto dicía que o ser humano nunca está satisfeito, sempre desexa algo e unha necesidade satisfeita ábrelle a porta a novas necesidades. Este é o fundamento das necesidades secundarias que carecen de base fisiolóxica e que, moitas delas se aprenden suscitadas polos spots publicitarios do sisteme de consumo. A psicoloxía, en moitas ocasións, elabora teorías que xustifican a súa autonomía funcional dos motivos superiores como un valor en sí mesmo e venden a individualidade como un síntoma de madurez do ser humano adulto, convertindo algunhas necesidades secundarias como a propiación, a retención, o recoñecemento, a competitividade e a dominación como fins en sí mesmos.

Alguén dixo unha vez que o home é tan perezoso como se atreve a selo. ¿Qué grao de ociosidade pode alcanzar o ser humano?. Seguramente os límites absolutos procedan de máis aló do organismo. Quizais nun ambiente amable no que ache o preciso para a súa exisencia non vaia máis alá dunha pequena fracción das súas horas de víxía. Pero temos que competir cos que se apropiaron dos sitios agradables e dos obxectos apetecibles. Incluso cando nos adaptamos á conveniencia social, existen outros aguillóns que nos espolean para manternos activos. A vida rebule por riba do letargo absoluto e as dificultades aparecen cando nos comparamos con outras persoas que experimentan a curiosidade cun inuxitado pracer. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario