APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 4 de febrero de 2014

OS LÍMITES DA CIENCIA


"Cuando escuché al sabio astrónomo,
cuando se me mostraron las cartas y los diagramas para sumarlos, dividirlos y
medirlos,
cuando, sentado ante el astrónomo, oí su conferencia ante el nutrido aplauso,
en clase,
pronto me sentí indeciblemente cansado y harto
hasta que, poniéndome de pie, me deslicé fuera y me puse a vagar, solo,
en el aire místico y humedo de la noche; y de vez en cuando miraba hacia las
estrellas rodeado de completo silencio". Walt Whitman

Na física de Aristóteles predominaba o modelo de explicación teleolóxica e con Galileo imponse a explicación deductiva que despraza o modelo aristotélico predominante en toda a Idade Media ata o Renacemento. A maioría dos autores pensan que as ciencias deben seguir como método único a explicación deductiva. Sen embargo coa aparición da psicoloxía, Dilthey afirmaría que coas "ciencias do espíritu" non se poden utilizar explicacións. O obxectivo das ciencias da naturaleza consiste en explicar, pero o das ciencias do espítitu é comprender.

Qué significa comprender?. En xeral enténdese como o oposto á explicación. Explicar consiste en reducir algo ás súas causas ou leis, pero o fenómeno non é penetrado en sí mesmo, non se capta a súa singularidade. Comprender é captar o seu sentido e poder integralo no seu contexto; unha cousa é explicar unha psicose e outra moi diferente tentar comprender ao enfermo, penetrando no seu interior para, desde alí captar o mundo de representacións e angustias nas que vive.

"La carta robada" de E. Allan Poe, facilita a ilustración do anterior: Unha personaxe oculta unha carta comprometedora que roubou. O prefecto de policía fai rexistrar a casa minuciosamente, pero en vano. Buscan fixándose nos métodos que eles empregarían para ocultala, polo que parten dunha aplicación esaxerada de busca. En cambio o protagonista, esforzándose por comprender a mente "deste home", poñerse no seu lugar, pensar como el pensaría, chega á conclusión de que o mellor sería non ocultala. A carta estaba á vista.

Diríase que a ciencia progresa, pero procede por transformación: unhas ideas sustitúen a outras, un sistema despraza a outro anterior; cambia o panorama do pensamento, pero non se avanza en absoluto. Segundo T. S. Kuhn, a ciencia é, fundamentalmente, obra da comunidade de científicos, non de xenios aillados, e para ingresar en dita comunidade é preciso asimilar o "paradigma". As realizacións que están dentro do paradigma constitúen a "ciencia normal" e as anomalias co paradigma se rexeitan até que aparece unha "crise" que obriga a cambear o paradigma; entón sobrevén unha revolución científica. Copérnico, Newton, Lavoisier e Einstein están asociados a estes momentos "revolucionarios". A ciencia, non progresa acumulativamente, senón por medio de revolucións.

Pretender que a ciencia nos ofrece unha copia exacta da realidade é un "mito" que non comparten nin os propios científicos. As teorías non son máis que construccións mentais convencionais que non coinciden en absoluto coa realidade, so permiten a elaboración de regras de actuación. Ainda non se pudo contrastar directamente a termodinámica relativista, e sen embargo se acepta con confianza, xa que constitúe unha xeralización que involucra dúas teorías aceptables: a termodinámica clásica e a teoría especial da relatividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario