APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 24 de febrero de 2014

"EGO DESIDIUM"

"Toda la Creación existe en tí y todo lo que hay en tí existe también en la creación. No hay divisoria entre tú y un objeto que esté muy cerca de tí, como tampoco hay distancia entre tú y los objetos lejanos. Todas las cosas, las más pequeñas y las más grandes, las más bajas y las más altas, están en ti y son de tu misma condición. Un solo átomo contiene todos los elementos de la Tierra. Un solo movimiento del espíritu contiene todas las leyes de la vida. En una sola gota de agua se encuentra el secreto del inmenso océano. Una sola manifestación de ti contiene todas las manifestaciones de la vida." Kahil Gibran


O "eu" é responsable da bipolaridade e da separación do individuo da totalidade do seu ser; é o eu do desexo. É o desexo o que constitúe o eu revelado no obxecto de si mesmo. O desexo impulsa ao "eu" á acción que tende a satisfacelo e so pode facelo pola negación, a destrucción ou a transformación do obxecto desexado. Isto provoca un eu cosificado que galopa a cabalo dun desexo inalcanzable e que rematará desexando o desexo do outro iniciando así a deialéctica amo-escravo.

O abandono do desexo de grande parte da humanidade ao longo da historia é inevitable pola ansia de recoñecemento e a fame de poder e de dominio do "eu" convertido en tirano. Que a verdade do ser humano, a súa realidade, sexa a loita pola satisfación do ego non é máis que unha forma de xustificar o discurso histórico do amo. O existir-para-si debería trocarse polo existir-por-si. O ser-para-si so xustifica o expolio e a dominación, o re-coñecemento en tanto que unha suposta conciencia autónoma. 

É unha falacia atribuirlle ao ser humano a humanidade na medida en que se impoña a outro home e se faga recoñecer por el. En primeiro termo, non é máis que o aspecto da súa animalidade.  O home real non precisa do mundo para realizarse senón que, polo contrario, constrúe un mundo no que poida realizarse. O "eu" e o "outro" forman parte da conciencia trascendental polo que, un mundo globalizado que obriga ás persoas a solidarizarse coa súa vida animal para que se unan a un suposto "mundo natural das cousas" só consegue arriscar inútilmente a súa vida na loita pola supervivencia.

A realidade do amo é puramente subxectiva e precisa para cumprir o seu obxectivo do outro, se alimenta do recoñecemento do escravo. O amo cosifica ao outro convertendoo nun obxecto de desexo. Se converte nunha potencia que reina sobre todo ser-dado chegando a aniquilar ao escravo cosificado para a satisfacción do seu desexo. O amo precisa do escravo para sobrevivir polo que non lle queda máis que gozar da "cousa" que o escravo prepara para el e negala e destruila consumíndoa.

"Que pensariamos dunha rosa bermella que proclamara moi convencida que o correcto é florecer en bermello, que ter flores doutras cores é un erro...".

No hay comentarios:

Publicar un comentario