APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 13 de febrero de 2014

SÍMBOLO E LINGUAXE

"Cuando decimos materia estamos creando un símbolo para algo desconocido..., que tambien puede ser Dios." C. Jung


Os pobos primitivos vían nos soños mensaxes cifrados dos deuses que para a psicoanálise son mensaxes do inconscente. Pero requiren unha interpretación, descubrir o seu sentido oculto tras a súa significación aparente. O mesmo sucede co simbolismo poético, en ambos casos, a estructura simbólica é a mesma, un significado que se revela, ao mesmo tempo, detrás do significado inmediato. 

O símbolo é un signo que, a traveso da súa significación inmediata e manifesta, reenvía a outra significación que se revela e oculta no seu interior. Trátase dunha rexión da linguaxe que aparece como lugar de significacións complexas no que outro sentido se dá e se oculta ao mesmo tempo.

Os símbolos son o alfabeto da imaxinación. A imaxinación simbolizadora é unha forma filoxenéticamente anterior do noso pensamento. Todos os humanos utilizan os mesmos símbolos e "arquetipos" que forman parte do inconscente colectivo. A rexión máis profunda e significativa da realidade se nos escapa se non recorremos ao símbolo. É a mellor formulación posible do descoñecido. O simbolizado non pode ser aprehendido fóra del, do mesmo xeito que non podemos prescindir das palabras para pensar o que elas nos queren dicir. É un discurso infinito e sempre dá que pensar e antes dá que falar. Sustituir o símbolo por unha interpretación é sempre empobrecemento.

O símbolo é transcendencia, ainda que hoxe se queira facer desaparecer por unha suposta mentalidade "obxectiva" e científica e pola adquisición do "sentido do profano". Xorde do contacto co divino nunha forma de dicir que non é reducible a outra linguaxe, brotan dunha experiencia orixinaria e fan acceder a ela. O sacro forma parte da naturaleza como poder natural manifestado en todo fenómeno cósmico que escapa ao control do home. Para F. de Saussure no símbolo hai sempre un "rudimento de vínculo natural" entre significado e significante. 

O símbolo posúe ritmo "vital e serve para medir o tempo e a historia. A fertilidade, a sexualidade, a vida e a morte están simbolizadas polo seu propio símbolo: serpe, concha, perla, espiral, caracol...Sen o símbolo resulta imposible comprender o que significa un poema ou o mythos. Posúen unha forza "viva" que arrastra ao ser humano: fascinan, atraen e poñen en movemento. Os símbolos relixiosos son a única forma de expresar experiencias que de outro xeito serían inefables. Para o que vive os símbolos, todo ten un sentido, cada cousa nos fala de algo, posúe unha significación simbólica. Cada cousa remite a outra, se enlaza con ela e forma unha unidade cósmica. É coma unha palabra chea de sentido e o mundo na súa totalidade tamén o é. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario