APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 5 de febrero de 2014

PERCEPCIÓN, SELECCIÓN E ADAPTACIÓN

"El hombre que no percibe el drama de su propio fin no está en la normalidad sino en la patología". C. G. Jung

"Nuestro modo de comprender o de no comprender el mundo y la vida, brota de nuestro sentimiento respecto a la vida misma.". M. de Unamuno


Cando o ser humano contempla a naturaleza percibe obxectos nos que se "insinúan" infinitas posiblidades de instrumentalización. Co cerebro non podemos procesar toda a información que recibimos. Ao sistema nervoso central chegan 260 millóns de células visuais, 48 mil células auditivas e máis de 78 mil células doutros sentidos. Para procesar só a información que chega dos ollos precisariamos ter un cerebro dun ano luz cúbico. 

A percepción nos facilita información sobre o mundo, permite o desenrolo do pensamento puro e gracias a ela lle damos forma á realidade. A atención é a que selecciona de maneira activa determinados estímulos inhibindo todos os demáis e está en función da adaptación ao mundo no que vivimos. A sociedade exerce un papel fundamental no que percibimos, nos ensina a percibir. O neno aprende a percibir, a valorar e a darlle un significado á realidade que o rodea axudado polos pais, os mestres, os amigos, os medios de comunicación e as redes sociais. Esta aprendizaxe determinará toda a súa actividade perceptiva posterior. Se adapta a percibir dun xeito determinado. 

Percibimos o que estamos dispostos a percibir, o que queremos percibir, o que nos interesa, o que esperamos percibir e aquelo para o que estamos preparados. Nas percepcións inflúen as motivacións, as expectativas, os hábitos, os recordos, as experiencias anteriores, a cultura e a aprendizaxe. O home moderno está "cego" para moitas das posibilidades que lle ofrece a naturaleza.

Un factor fundamental na percepción é a significación. O acto de darlle un significado ao percibido se inclúe na percepción mesma, por iso o que se percibe é unha "pantasma". É a palabra a que lle presta a significación ao obxecto, percibimos con palabras. Aprendemos a percibir dunha forma estructurada, unha "Gestalt". O mundo que se percibe, o percibe a nosa mente e se enche de significantes: sonidos, cores e olores dos que carece o mundo físico. Cada cousa ten necesidade da persoa para existir. Non é posible concebir o que sería unha cousa sen a posiblidade da nosa ollada sobre ela. É a persoa a que fai existir o mundo e nada pode existir sen estar incluido dalgún xeito no tecido da súa experiencia. Pero nunca se contempla desde todos os lados, polo que só vemos unha parte da realidade.

Físicamente a estimulación que desencadea a actividade dos sentidos son formas de enerxía psicolóxicamente "mudas". Nin as vibracións do aire son sonoras nin as ondas electromagnéticas teñen cor. O sonido ou a cor son cualidades que cobran realidade cando os pulos nervosos alcanzan a corteza cerebral que é un instrumento da conciencia. Só podemos percibir 1/70 do espectro electromagnético; é dicir, entre os 390 e os 700 milimicróns aproximadamente. O mundo material non ten máis realidade que o "ser percibido".


No hay comentarios:

Publicar un comentario