APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 3 de febrero de 2014

DISCURSO E MEMORIA

"El discurso no es simplemente aquello que traduce las luchas o los sistemas de dominación, sino aquello por lo que, y por medio de lo cual se lucha, aquel poder del que quiere uno adueñarse". M Foucault


O discurso como expresión verbal do coñecemento fala necesariamente sobre o ser ou a sustancia. Como enlace de verbos e adxetivos une a pariticipación ao nivel do mundo intelixible ou do mundo sensible. O discurso é a imaxe do coñecemento que ten a raiz no ser. Detido o xuizo da alma consigo mesma o xuizo non refire formas intelixibles posibles. 

No "Fedro" Platón expón o mito do "Theuth", segundo o cal a escritura fará máis sabios aos exípcios e aumentará a súa memoria. A escritura é un estímulo para a memoria, pero non hai que confundir a rememoración coa reminiscencia, a anamnêse coa hipomnêse. Os discursos, verdadeiros ou falsos, son unha especie de Graphesthai na nosa alma que é, ela mesma, coma un libro. 

A memoria funciona coma unha tablilla de cera na que se escriben os discursos e na que se achan tamén as ideas. O coñecemento intelectual é básicamente reminiscencia que a dialéctica fai nacer co seu movemento de división e reunión. A dialéctica debe permitir retornar á conciencia os contidos da tablilla que atesoura as formas. A verdade só pode ser intuída.

O ser, fonte de toda luz, produce "epojé". As ideas proceden da alma e son representacións da sustancia do cosmos. O acceso á verdade é o acceso á gran memoria que é o Ser. Gheroult clasifica as ideas en: psicolóxicas, fenomenolóxicas e metafísicas. A reminiscencia supón unha acción expontánea para a recuperación das imaxes que perduran na memoria. O vocabulario filosófico está plagado de imaxes, a causa dunha tradición vetusta, que non serían inconvintes, salvo se aquelo para o que se usan é inaxeitado.

Nalgún lugar residen as ideas que permiten a evidencia, a claridade e a distinción. A tarefa do intelecto é despertar á conciencia as incripcións, a remanencia. Mentres a linguaxe se quede nun discurso sobre o "mi", na superficie da mera afirmación, queda atrapado por el. A remanencia permite constituir a suxeitividade porque nela sobreviven de xeito simultáneo tempos pretéritos. Mentres o discurso se deixe seducir polas afirmacións e non polas inscripcións, deixa aberta a porta para o excepcitismo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario