APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 29 de enero de 2014

O EGO E O "NOSOUTROS"

"El yo es inicialmente un otro. El sujeto se constituye en y por un otro". Jacques Lacan

Nas culturas orixinarias a conciencia lle dá forma a unha realidade colectiva, prima a intersuxeitividade, todo está cheo de vida, o ser humano só é unha especie máis e todo ser vivinte está irmanado na unidade, non existe nin o "yo" nin o obxecto. Constitúe un "nosoutros" que forma parte dunha estructura na que todo se complementa no cosmos.

No pensamento filosófico occidental o "nosoutros" apenas desempeña algunha función, mentres que nas culturas orixinarias, tiña a función dun principio organizativo que exclúe a énfase no individuo, no ego. O nosoutros asorbe ao individuo e require a súa aportación ao conxunto, non elimina ao individuo, lle dá espacio para desenrolar todo o seu potencial pero en beneficio da comunidade.

As linguas implican cosmovisións determinadas que conforman un xeito determinado de filosofar. A lingua toma o lugar do tratado ou discurso filosófico e garda e manifesta a alma dos pobos. Guillermo de Humboldt dicía que o idioma é o seu espíritu e o espíritu o seu idioma. A partires da lingua se nos abre un camiño cara a realidade pensada e vivida. No intercambio de ideas non se fala do "yo". A diferencia do método cartesiano, o nosoutros non se corresponde ao "yo" que se pecha en si mesmo e se ailla de todo o demáis para obter unha seguridade firme e indubidable de que algo existe, precisamente o "yo" pensante. 

A interpretación occidental da realidade utiliza un discurso e unha filosofía que abandona o universo do "nosoutros" trocándoo polo outro diferenciado, se retrocede ao universo pechado do ego no que o nosoutros non existe. Cando o suxeito recoñece ao outro retrocede ao mundo interior centrado no "yo". Co "yo" aparece o obxecto de desexo, as relacións de dominción e a dialéctica entre amo e escravo que orixina a morte da conciencia colectiva. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario