APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 28 de enero de 2014

A ALMA DO COSMOS

 "El hombre es un cosmos pequeño y el cosmos es un hombre grande". Muhammad Igbal


A alma, unidade metafísica, principio e causa do Universo, é principio de vida, non hai nada sen principio vital. É o verdadeiro acto e o que lle dá forma a todas as cousas por medio da conciencia. Onde está a alma, o espíritu, a vida, está o todo. Na totalidade do universo se revela o acto da alma no mundo como unidade. A coincidencia de materia, forma, alma e vida e a orixe da unidade e de todo ser vivinte.

Existe unha comunión entre os distintos niveles da realidade: o inferior e o superior, o mínimo e o máximo, o universo e Deus. A vida o unifica todo, de tal xeito que a infinitude do universo e a infinitude divina coinciden. A unidade divina é o principio da vida infinita e nela se acha a fonte do universo infinito, a auga permanens.

Os infinitos mundos áchanse no universo alumeados pola alma eficiente. A materia universal é o suxeito e a potencia pasiva do mundo e a alma, o principio universal, a potencia activa e a luz intelixible do universo. Son os dous principios do universo. O natural e o subrenatural manteñen unha íntima conexión a traveso da alma que é a que permite o coñecemento e a contemplación da unidade do cosmos. A divinidade está no interior da pluralidade das cousas e dos individuos infinitos na diversidade do universo infinito. O divino é a unidade cosmolóxica sen ser o cosmos, é a naturaleza sen ser a naturaleza, é a alma da alma do mundo. 

O universo animado é o paradigma da perfección e a beleza. A alma do mundo habita nas entrañas da materia que é inmanente a ela, sen embargo, a alma é trascendente. Calquera parte do cosmos ten en sí mesma alma, contén en si misma algo que está animado. A vida é o primeiro acto formal e eficiente da naturaleza. O principio vital non constitúe un accidente da disposición e a estructura dos mundos, senón que é a súa esencia. Todo ser vital se move, por un lado, cara ao seu principio natural,  interior e vital, e polo outro cara o exterior, cara o universo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario