APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

domingo, 19 de enero de 2014

"O NUMINOSO"

"...La vida es el punto de apoyo para la verdad del espíritu." C. Jung


En tempos prehistóricos realizábanse rituais relixiosos para asegurar o éxito nas cacerías. A necesidade de invocar un poder sobrenatural sentíase nas comundiades agrícolas posteriores cuxos rezos estaban encamiñados a asegurar unha colleita abundante ou chuvia suficiente para que a terra fose fértil. Aínda que a relixión posúa o seu lado escuro e fora utilizada nalgúns casos para reforzar a intolerancia e o dogmatismo, o feito relixioso é múltiple e variado e se preocupa dos temas fundamentais da existencia humana, plantexando cuestións como a creación do mundo, o significado da vida, o alén, o comportamento ético ou a felicidade persoal.

A palabra "relixión" procede do verbo "religare" que significa vincular, atar; significaría a subordinación e a vinculación co sobrenatural, coa divinidade. Dependendo de como a viva a persoa, predominará nela o sentimento, a intuición ou a contemplación. Pero hai quen prefire derivar a palabra do verbo "religere" que significa voltar a elexir e sjgnificaría ser un escrupuloso cumpridor dos deberes e as leis doutrinais, culturais ou sociais.

Para E. Durkheim é unha proxección simbólica da identidade do clan ou da tribu. A acción colectiva do clan é a que suscita a sensación de poder, de forza misteriosa, do sacro. Esta potencia sacra da manifestación da sociedade como conxunto se transfire ao Tótem que é o corpo visible do divino. As prohibicións ou tabús aseguran a integridade das institucións e a regularidade dos fenómenos sociais.

Rudolf Otto, tenta describir a estructura das reaccións humanas diante a experiencia do "sagrado". A presencia do "numinoso" é un poder que está máis aló do individuo, "misterium" que trascende a experiencia de calquera ser humano. É unha realidade trascendente. Algo totalmente outro. Non é producto do individuo, senón o obxecto da súa experiencia relixiosa. É profundamente humano pero non é universal en canto á experiencia. A experiencia relixiosa está ligada a un estado de ánimo intenso, "tremens" que fai tambalear os fundamentos do propio individuo e fai que se senta pequeno e inseguro. O tremendo non ameaza á persoa no que ten, senón no que é, na súa raiz, no seu ser. É un sentimento de temor ao descoñecido, ao inabarcable, á divinidade. O numinoso é "fascinans" e atrae, capta, embarga, fascina. Algo que deixa á persoa literalmente "maravillada", "gozosamente desconcertado", diante tal apertura de hourizontes. É unha nova orde de valores. A persoa queda enfeitizada, exaltada até o vértigo e a embriaguez.

O "Misterium tremens e fascinans" apórtalle á persoa tal confianza que descobre como a súa inseguridade se ve protexida polo misterio provocando unha disposición psicolóxica e vivencial cara o seu interior e unha manifestación social cara ao exterior que se manifesta no mundo, como diría M. Elíade. O sagrado e o profano son dous xeitos de estar no mundo, dúas situacións existenciais. Pero hai que estar atento ás manifestacións do sagrado, ás "hierofanías". Trátase sempre do mesmo feito misterioso, a manifestación de algo completamente diferente, dunha realidade que non pertence ao "noso mundo", en obxectos que forman parte do "noso" mundo "natural "profano".



No hay comentarios:

Publicar un comentario