APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 21 de enero de 2014

"HIEROFANIAS"

"La naturaleza en su totalidad  es susceptible de revelarse como sacralidad cósmica...El Cosmos en su totalidad puede convertirse en una hierofanía.". Mircea Eliade

Cada relixión é unha estructura organizada en torno a un grupo de cousas sagradas coas súas crenzas e ritos. Pero non necesariamente as cousas sacras son superiores ás profanas, poden adquirir máis poder, pero non máis dignidade. Os ambitos da experiencia relixiosa son, o da vida ordinaria (o profano) cuxa característica é a espontaneidade o o sacro cuxa característica é o estupor. A división da realidade en profano-sagrado non é axeitada, xa que son dous polos dun mesmo continuo. O sacro non altera a realidade física dos seres, senón que é unha nova forma de "ver" a mesma realidade. Un cadro non son só formas e cores, a estructura da pintura está organizada de tal xeito que se pode apreciar a arte impresa nel, pero non deixa de ser o mesmo cadro. 

As manifestacións do "misterium" son realidades presentes en todas as relixións e a súa función é facer presente o misterio do mundo. A súa estructura é sempre bipolar xa que unen unha realidade trascendente e unha realidade inmanente, a mundana. Pode ser persoal ou azarosa, e escolle calquera realidade para manifestarse utilizando un medio e un código que simbolizan os atributos do misterio.

O espacio e o tempo son os principais ámbitos das hierofanías. O espacio como dimensión constitutiva da persoa corpórea queda por elas sacralizado. O tempo (pasado, presente e futuro), entendido como tempo cíclico natural sagrado, binomido de vida e morte, eterno retorno; edén, diluvio, augas lustrais ou mito cosmogónico do "parto orixinal", diferenciador dos principios masculino e femenino; da orixe a partires dun só Ser ao orixe a partires de dous seres. A sacralización do futuro acentuará a visión dun Deus distinto do mundo e iniciará a nova experiencia da fé como resposta.

Os ritos iniciáticos suporán un estado de ánimo sen o cal será imposible "lograr o paso dun xeito de ser a outro"; sustituirse por unha "nova" forma de ser. Aínda que non sexa precisa a conversión para lograr unha "auténtica revolución interior", a persoa renunciará a vivir a súa "vida intramundana" para liberarse, iluminarse ou salvarse. A relixión obrigará á persoa a introducir na súa vida un "supra" e un "prius" que desprazará o mundano a un segundo plano; tratarase de vivir dun xeito diferente, dunha forma nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario