APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 7 de enero de 2014

INDUSTRIA DE EXPERTOS

Hoxe existen numerosos eruditos que son só fachada. A industria do experto medra e son as novas voces autorizadas na pantalle de televisión. Non importa que acumulen erro tras erro. Fabricar especialistas convirteuse nun novo negocio. ¡Me gustaría ser experto! A regra de ouro é ser simple e non dubidar, sobre todo atacar. Así medran as promocións de expertos que só o son en dar opinións para "andar pola casa". 

Non son quen de adiviñar o fiasco do sistema financieiro internacional que dou paso á crise do sistema actual e as súas consecuencias. En economía erran prácticamente o cen por cen das súas previsións, O experto medio acerta tanto como un chimpancé tirando dardos. Pero non por iso deixan de inundar os medios de comunicación cos seus "comentarios expertos" de por qué suceden as cousas e como se desenrolarán.

Cando están absolutamente seguros porque a certeza é, precisamente o que venden, saltan todas as alarmas. Son un exército de inútiles que tentan dicirnos nos medios de comunicación como debemos vivir a diario. Cada experto ten a súa jerga, utiliza un código que lle permite presentar uns poderes cos que os demais non contamos. Pero non hai expertos xenuinos, todo é unha farsa. Sen embargo aos gobernos lles encanta presentar expertos para excusar os seus erros. Se sae ben eres un xenio e no caso contrario, a culpa é dos expertos. 

A televisión precisa polo seu formato unha pequena dose de violencia "unha pelexa de galos" e unha serie de persoas ao redor dunha mesa que se "tiran os ladrillos" cumpren co requisito. A finalidade é nula, un de cada tres "eruditos" fallan nas súas prediccións. É como facer suposicións ao azar. Dannos a opción máis falsa e preséntannola como a máis acertada. Prácticamente todos os estudos publicados na prensa económica son erros. Sería mellor que os expertos recoñeceran a súa ignorancia e o pouco que saben sobre a economía. A excusa é que o mercado é volatil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario