APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 7 de enero de 2014

A ORIXE DA TRAXEDIA (II)


"Nuestras estructuras hereditarias yacen listas para ser conformadas de mil maneras distintas dependiendo del modo en el que el niño es educado...". J. B. Watson

Schrödinger desenrolou o concepto de información xenética e introduciu a noción de código e de programa tomados ambos da cibernética. Para él: "La fibra cromosómica contiene, cifrado en una especie de código natural, todo el futuro de un organismo...". Pero os xens non determinan o propio destino, xa que unha conduta determinada xenéticamente pode ser modificada ambientalmente, o mellor exemplo é a Fenilcetonuria, polo tanto, xeralmente se acepta que a educación e a naturaleza poden modelar os xens e participar na determinación da conduta.

A división está presente desde o principio na historia da creción. Na nosa cultura a actitude cara o ben e o mal está fortemente influenciada polos dogmas da teoloxía xudeo-cristiana. No libro primeiro do Xénesis se fala só de polarizacións: luz-tembras; sol-lua, etc. Se dí que o ser humano foi creado como "home-muller" e que Adán desexaba proxectarse cara ao exterior e darlle forma independente a unha parte do seu ser. A palabra que Lutero traduciu por costela (en hebreo tselah), é da familia de tsel: sombra. A sombra contén todo aquelo que o ser humano considerou malo. Pero a división aínda non alcanza a conciencia xa que Adán e Eva non recoñecen a súa diferencia e permanecen na integridade do Paraiso. Sen embargo a división das formas fai posible a intervención da serpe que promete á muller que se come do froito da árbore da ciencia distinguirá entre o ben e o mal e terá discernimento. Con este feito, os humanos abren os ollos á división e á polaridade, aparece a realidade e chegan á conclusión de que o ben e o mal son dous aspectos da unidade e polo tanto interdependentes para a existencia. Perden a conciencia cósmica polo "pecado orixinal" e teñen que abandoar o "Paraiso", o xardín da unidade, e precipitarense no mundo polar das formas materiais.

O pecado do ser humano consiste na súa separación da unidade. Esta é a herdanza xudeo-cristiana do pecado orixinal: ser pecador é sinónimo de ser polar; é dicir, de existir. O ser humano é pecador e está obrigado a camiñar entre elementos opostos ata que sexa perfecto e se integre coa unidade, co pai que está nos ceos. O camiño a traveso da polaridade sempre leva consigo o sentimento de culpa. Esta observación teolóxica foi fatídica para a historia do cristianismo. O afán dos fieis por non pecar e de fuxir do mal conduciu á creación da "sombra" que fixo do cristianismo unha das relixións máis intolerantes con inquisición, caza de bruxas e xenocidio.

A polarización do ben e do mal conduciu á contraposición nesa e noutras relixións de Deus e do diaño como representantes do ben e do mal. Ao facer ao diaño como adversario de Deus, fíxose entrar a Deus na polaridade co que Deus perde a súa forza salvadora. Deus é a Unidade que reúne en sí todas as polaridades sen distinción, mentres que o diaño é, como dicía Xesús: "...el príncipe de este mundo...". Sempre se representou ao diaño como señor da polaridade: "cornos, pezuñas, tridentes, pentagramas (con dúas puntas cara arriba), etc. Esta terminoloxía implica que o mundo é diabólico; é dicir, pecador e non existe posibilidade de cambialo polo que os "guias espirituais" exhortarán a abandoalo.

A filosofía e a psicoloxía saben que nun mundo de polaridades non se pode asumir un único polo. A contemplación do ben e do mal provócanos profundas angustias. Durante miles de anos da nosa existencia interiorizamos elementos culturais que nos obrigan a desprazar da nosa conciencia pensamentos e sentimentos á sombra que formarán parte do insconscente colectivo e que aflorarán en forma de complexos que perturbarán a nosa vida. Faga o que faga o ser humano fallará, é dicir, pecará. A redención pasa por anhelar a unidade, pero anhelar a unidade é imposible para o que renega dunha parte da realidade e aparece a cumpabilidade.

Sabemos que é un grande reto cuestionar o principio considerado ortodoxo de facer o ben e evitar o mal. Tamén sabemos que suscita temor, un temor que o individuo conxura aferrándose ás normas que rexiron ata agora. O ser humano non é culpable; a dúbida orixínase no verbo, no percorrido do discurso ao longo dos anos, non se orixina nos actos. Fuxir da culpa e do pecado esixe que sexamos conscentes con serenidade, sen medos nin angustias, de que formamos parte da polaridade e de que a polaridade está en todo. A fin de contas, o segredo do mal reside en que en realidade non existe, que é unha forma de ollar (de percibir). O mal é un producto artificial da nosa conciencia.

A sombra é a zona de nós que non está iluminada pola luz do coñecemento; é dicir, pola conciencia. A simple contemplación do contido da sombra leva á luz as tembras e fai que desapareza. O obxectivo do ser humano reside en iluminalo todo por medio do coñecemento. Esta posibilidade é a única actitude que lle permite contemplar os fenómenos tal como son. O renunciamento ao mundo e o ascetismo non son as opcións máis axeitadas. Os mandamentos e prohibicións están xustificadas ata que o ser humano esperta ao coñecemento e pode asumir a súa reponsabilidade. A Unidade é amor e Deus non fai distincións entre o ben e o mal. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario