APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 28 de enero de 2014

FILIUS PHILOSOPHORUM (II)



O filius philosophorum non é un simple reflexo do fillo de Deus na materia inaxeitada, senón que o fillo do Tiámat amosa os rasgos da imaxe materna primitiva marcadamente hermafrodita. Ten nome masculino e pon de manifesto a tendencia ao compromiso co reino subterráneo rexeitado polo espíritu e identificado co mal. É unha concesión ao espiritual e ao masculino ainda que leva en sí a gravidade da terra e o fabuloso dos seres primitivos animais.

Esta resposta do mundo matriarcal amosa que non é insalvable a fenda que o separa do mundo patriarcal, xa que o inconscente contén en sí o xerme da unidade de ambos. A esencia do conscente é discernimento, diferencia e a causa da conciencia hai que separar entre si os contrastes contra naturam. Os constrastes se atopan na naturaleza, os extremos se tocan, como sucede co inconscente, sobre todo no arquetipo da unidade onde están eliminados os contrastes. Pero coa manifestación do inconscente comenza a disociación, como na creación, cada acto de adquisición da conciencia é un acto de creación.

Coa clara tendencia do inconscente á cuaternidade, existe unha inseguridade continuamente acentuada ente o tres e o catro. Mercurius e quadratus pero tamén a serpe tricéfala e a trinidade. A inseguridade remite a un tan como, é dicir, as posicións centrais son tanto cuaternarias como terciarias. Tamén a psicoloxía do inconscente presenta unha perplexidade semellante: a función está contaminada de tal xeito polo inconscente colectivo que ao tornarse conscente, leva con ela tamén o arquetipo da individualidade. O catro ten a significación do feminino, o maternal, o físico; tres equivale a masculino, paternal, espiritual. Polo tanto, a inseguridade entre catro e tres equivale a unha vacilación entre o espiritual e o físico. 

A totalidade do ser humano é a meta á que conduce o desenrolo anímico no proceso psicoterapéutico. Está relacionada con premisas ideolóxicas e relixiosas. Ainda que a persoa crea non ter prexuizos, está condicionada de antemán pola historia, na súa conduta, na súa linguaxe, no seu pensamento e na súa moral, aínda que non teña conciencia delo por falta de instrucción ou de autocrítica. Polo tanto, unha análise da súa situación deixa ao descuberto os presupostos espirituais que van máis lonxe das súas determinacións persoais, de aí que se presenten durante o sono símbolos da unidade, os mándalas, ou en forma de impresións visuais durante o estado de vixía, actuando como compensación da contrariedade e a conflictividade da situación conscente.

Hai en nós algo que se aferra, a miudo, coa forza da desesperación á unión, é como se nos precipitaramos na nada buscando un chan firme onde residir. Nese caso non nos é válido ningún apoio exterior, temos que achalo dentro de nós mesmos. Pero o camiño que conduce á meta é ao principio caótico e infinito e só van aparecendo os sinais de forma moi gradual. O camiño non é recto, senón cíclico, en forma de espiral, por iso os soños, como manifestacións do inconscente, xiran en espiral ao redor do seu centro, da meta, da totalidade, da curación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario