APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 29 de enero de 2014

PENSAMENTO E LINGUAXE (I)

"Comieron los frutos,
quebraron las ramas, 
quemaron los troncos,
pero no pudieron secar las raices". Cántico indíxena

Cando nos atopamos diante unha diferencia dialectal que rebasa as nosas propias categorías sentimos unha sensación de ruptura e desorientación inicial moi parecida a esa sensación de tensión e agresividade que Jacques Lacan nos dí que experimenta o neno cando ve por primeira vez a súa imaxe especular diante o espello. Pronto ese schok ante o distinto corre o risco de ser clasificado como unha diferencia de grao en torno ao xa coñecido. Entón xorde o "outro" diferenciado, como superior ou inferior. É entón tamén cando intuimos unha relación de poder.

A linguaxe occidental vai configurando a forma de ver e de xulgar a partires dos seus propios esquemas e cánones. Silenciosamente, o pensamento da modernidade vai configurando a nosa mentalidade e a nosa visión do mundo. A forma en que nomeamos o mundo vaille dando estructura a unha forma singular de percibilo e de relacionarnos nel e con el. 

A interpretación devén tamén unha construcción. O aumento da escala amplifica os efectos do acontecido de tal xeito que o sustrato imaxinario colectivo que habitamos serve como referencia para unha vara de medir que é capaz de reproducir a linguaxe  nunha escala invertida. O imaxinario dunha sociedade estructurada en base a relacións de dominación dá como resultado a proxección do "outro" inferiorizado trocándoo pola imaxe normalizada da dominación. 

Desde o etnocentrismo, describindo aos "outros" como "bárbaros" ou "salvaxes", se prepara e normaliza o discurso ben sexa para "conquistalos", no pasado, ou ben para protexelos, educalos ou desenrolalos, na actualidade, en base a unha incapacidade primitiva para organizarense de forma civilizada. É, en definitiva, unha simboloxía que invita a loitar contra un corpo extraño identificado no "organismo social". 

Nas línguas ancestrais non había lugar para os obxectos, tiñan un carácter intersuxeitivo, non había máis que suxeitos e por iso, non existían máis que relacións intersuxeitos. A aparición do obxecto na nosa práctica lingüística revela a configuración dunha visión do mundo vinculada ao obxecto que a modernidade occidental universalizou polo seu afán de dominio e que terá consecuencias para os dominados, convertindo o obxecto no desexo inalcanzable para un suxeito escindido "clivado" (J. Lacan) e na fonte de tantas neuroses por non poder ser satisfeito (S. Freud).

Nas linguas orixinarias ancestrais a vida é o suxeito, todo está dotado de vida, incluído o que para os occidentais é inerte ou está morto. Non existe ruptura entre vida e morte. Este feito implica que a vida é o valor máximo e que todo o que vive se irmana co resto dos seres. O "nosoutros" forma un círculo onde non hai arriba nin abaixo, superior nin inferior. Todo se complementa, forma un entramado e mantén a estructura cósmica do círculo no universo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario