APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 7 de enero de 2014

CARA UNHA SOCIEDADE MADURA

"Caminante, no hay camino, 
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.". A. Machado

"Un ser maduro es aquel capaz de resolver sus propios conflictos y amar en libertad.". S. Freud

A madurez é aquel estado de coñecemento e bo xuizo, prudencia e saber que se foi acadando ao longo do tempo e que conduce a xestionar a vida psicolóxica da persoa de xeito positivo. É o que nos permite dirixir e gobernar a nosa psicoloxía para que consigamos camiñar pola vida e conseguir os froitos axeitados. 

A madurez é plenitude para reflexionar sobre os sentimentos, as ideas e a vida en xeral, traducindo dita reflexión nun proxecto de vida coherente, atractivo, realista, positivo e duradeiro. Constitúe unha mixtura de acerto, xuizo, sensatez, prudencia e criterio que nos permitirá chegar á meta que é a propia vida.

A vida supón navegar en contra da corrente unhas veces e outras a favor do vento; erguernos cando caemos, superar os fracasos que ameazan con levarse por diante todo e enfrontar os problemas e as dificultades.  Vidas en liña recta non existen, salvo nas novelas e o soño mítico dunha felicidade completa é unha utopía; pero cabe certa felicidade cando se alcanza a madurez, o sosego e a paz. A felicidade e a madurez total quedan desmentidas co paso dos anos. 

Adscríbirse ao mito do progreso indefinido resulta hoxe ridículo porque os grandes avances técnicos están deshumanizando ao ser humano. Pero tampouco podemos instalarnos na nostalxia. A ollada correcta áchase no presente que aprende do pasado e escudriña as posibilidades do futuro. Por iso a madurez non pode entenderse nunca coma un destino definitivo ao que un chega e no que se instala con carácter definitivo. Hai que vela como un camiño en permanente construción, un proceso de coñecemento e independencia progresivo que vai mellorando co paso dos anos. Son momentos de discernimento e lucidez nos que imos aprendendo a vivir.

A madurez é crecemento persoal, un proceso escalonado de organización dos grandes argumentos da vida, das emocións, dos sentimentos e saber vencer as dificultades que nos depara a existencia nas distintas circunstancias. Non é algo que se pon de relieve nun momento puntual, senón que se traduce nunha conduta prolongada que nos vai ofrecendo criterios sólidos de coherencia e equilibrio. Refléxase nun estilo, nun xeito de funcionar, á que pode aplicárselle a etiqueta de persoa madura. 

"Todo sentimento é a percepción confusa dunha verdade.". G. Leibniz

No hay comentarios:

Publicar un comentario