APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 27 de enero de 2014

MANDALA E PEDRA FILOSOFAL

"Porque muchos son los llamados, pero pocos son los elegidos." Jesús de Nazaret 


"... facilis descensus Averni, noctes atque dies patet atri ianua Ditis; sed revocare gradum superasque evadere ad auras, hoc opus, hic labor est.". Eneida (Virgilio)

Mándala en sánscrito significa círculo máxico. O seu simbolismo abrangue todas as figuras ordeadas de forma concéntrica, superficies circulares en torno a un centro, redondas ou en cadrado, así como todas as disposicións radiais ou esféricas. O mándala auténtico é a imaxe do noso interior que se constrúe gradualmente por medio da fe, da intuición, e da imaxinación activa. É a individualidade que aparece a partires da totalidade, da unidade con Deus; o punto central, o pan vivo que descende dos ceos, o círculo no que se comprenden o conscente e o insconscente, o centro da totalidade do ser humano.

O mándala é a roda do mundo que representa o curso da existencia humana en cuio centro está Deus, símbolo de todas as forzas divinas de naturaleza creadora. Deus nos conduce á fonte da vida espertándonos do sono cun espello por pensamento como instrumento de navegación e guía imprescindible para escrudriñar os sendeiros. É o coñecemento da alma a través de Jesús o que nos amosa o camiño, o sentido da vida e os seus segredos; a auga da vida que todo ser humano posúe, "despreciada polos necios porque supoñen que todo o bo procede de fóra".

A auga permanens da que xorde a nosa pedra máis preciosa é o espíritu. Esta auga permanente é a pedra filosofal: "lapis enim est haec ipsa permanens aqua, et dum aqua est, lapis non est". É a quintaesencia dos catro elementos a partires da unidade de Deus. O círculo volve a xurdir do triángulo inscrito no cadrado: o dragón que se devora pola cola. Afirmaban os filósofos que o cuadrángulo tería que converterse en triángulo; é dicir, en corpo, espíritu e ánima e á súa vez éste en círculo. O Rosarium philosophorum dí: "Haz con el hombre y la mujer un círculo y saca de éste el cuadrado; y del cuadrado, el triángulo. Haz el círculo y tendrás la piedra filosofal". Une un home e unha muller polo espíritu santo e terás a pedra filosofal: ¡a vida!.





No hay comentarios:

Publicar un comentario