APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 7 de enero de 2014

O PRINCIPIO DA DIVISIÓN E DA POLARIDADE (I)

"La vida toda no es más que interrogaciones hechas de forma que llevan en sí el germen de las respuestas...". Gustav Meyhrinck, Golem


Todo o panorama cósmico está xerado polos seus propios habitantes. Coa vida aparece a creación, o nacemento da conciencia cristaliza a realidade. O noso universo está constantemente dividíndose, cada proceso subatómico ten a facultade de multiplicar o mundo; o noso corpo, o noso cerebro e a nosa conciencia se divide repetidamente. O Ser, estado cósmico da conciencia se divide en múltiples conciencias unitarias que se multiplican e se deviden eternamente.

No segundo libro da creación Adán, primeira criatura humana (andróxina) é depositado no Edén, xardín no que hai dúas árbores especiais: a árbore da vida e a árbore da ciencia do ben e do mal. Adán é a criatura total, aínda é un co todo. Pero concibe o desexo de proxectarse cara o exterior e darlle forma independente a unha parte do seu ser. Deus toma un costado de Adán e con el fai algo independente. A partires de aí, pérdese a unidade, a conciencia cósmica, e comenza a polaridade. Os mitos de todos os pobos e de todas as épocas recoñecen este tema central da condición humana e o representan en imaxes semellantes.

A partires da división da conciencia, a historia do ser humano vai ser a historia da persecución da totalidade, da unidade que se lle presenta inalcanzable. A polaridade condea ao ser humano a camiñar entre elementos opostos ata que o integre e asuma todo e volte a ser un coa totalidade. Na traxedia grega, o ser humano debe obtar entre dúas posibilidades e decida o que decida, nunca acertará. Na Unidade se reunen todas as polaridades sen distinción, mentres que a polaridade e a división son o principio deste mundo. A terminoloxía relixiosa suliña que o mundo polarizado é pecaminoso, diabólico, polo que todos os guias espirituais exhortan a abandoalo.

As relixións nunca emprenderon a tentativa de converter este mundo nun paraiso, pola contra, ensinan a forma de aillarse del para regresar á unidade. Toda aplicación do potencial humano para unha fin funcional tende a ser diabólico. A "verdade" destrúe as ilusións coas que o noso "yo" tenta evadirse. Préstase mal aos ensoños sentimentais e ao engano dun mesmo. No Sandokai un dos testos básicos do Zen se dí: "Luz y oscuridad están frente a frente. Pero la una depende de la otra como el paso de la pierna izquierda depende del paso de la derecha.". O versículo 22 do Shinjinmei, o máis antigo texto do budismo Zen dí: " Si queda en nosotros la más mínima idea de la verdad y el error, nuestro espíritu sucumbira en la confusión.".

O ser humano non é pecador nin culpable e non debe deixarse abrumar pola dúbida, xa que a división non é pecado nin é a personificación do mal. O medo é encollemento e represión, unha actitude que impide a verdadeira apertura e expansión. Para alcanzar a unidade hai que facer algo máis que fuxir e pechar os ollos. Por enriba de toda polaridade está a "luz", a escuridade aparece co paso á polaridade cuxa fin e exclusivamente facer recoñecible a luz e servirlle como soporte. A luz existe, a escuridade non. A escuridade nada pode contra a luz. Os aspectos escuros, a sombra, só é ameazadora mentres permanece na escuridade. A simple contemplación do contido da sombra leva a luz ás tembras.

A contemplación é a fórmula para adquirir coñecemento dun mesmo, transforma a calidade do contemplado, xa que fai a luz, é dicir, o coñecemento. O ser humano enganado por un espellismo pensa que o mundo é imperfecto, e non se decata de que só a súa ollada é imperfecta e lle impide ver a totalidade. Temos que aprender a recoñecernos en todo, percorrendo sen temor a existencia conscentemente. O renunciamento do mundo e o ascetismo non son axeitados para alcanzar o obxectivo. Precísase valor para enfrontar conscentemente os desafíos da vida. Só a conciencia que nos permite observarnos a nós mesmos, pode facer que non nos desviemos do camiño. A lei máis íntima de cada persoa é a obriga de unificarse con todo o que existe. O instrumento de unificación é o amor, o principio do amor é abrirse e recibir o de fóra. O amor busca a unidade, une, non separa, porque o amor converte o "ti" en "eu" e o "eu" en "ti". É unha afirmación sen límites nin condicións, quere ser un con todo o universo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario