APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

lunes, 3 de febrero de 2014

PENSAR CO CORAZÓN

"Solo se puede ver correctamente con el corazón; lo esencial permanece invisible para el ojo". Antoine de Sanint-Exupéry


A palabra emoción provén do verbo latino movere (moverse) que co prefixo "e" significa "movemento cara..." suxerindo quizais que en toda emoción hai certa tendencia á acción. Estas predisposicións primitivas son modeladas posteriormente polas experiencias vitais. Desde os albores da civilización, as presións sobre a especie humana convertiron as emocións en ferramentas eficaces para a supervivencia, pero non sucede así cos retos das sociedades "modernas" nas que as presións son "subliminais".

A bagaxe emocional ten un extraordinario valor de supervivencia. Cada emoción predispón dun xeito diferente á acción. O poder das emocións na naturaleza humana non pode pasarse por alto. O código de Hammurabi, os dez mandamientos ou os edictos do emperador Ashoka son intentos de frenar e someter a vida emocional. Como diría Freud en "El malestar en la cultura": "a sociedade se viu obrigada a impor normas destinadas a conter a desbordante marea dos excesos emocionais que brotan no interior do individuo". A pesares das limitacións impostas pola razón, en ocasións se ve desbordada pola pasión que se asenta na arquitectura mesma da psique e con moita frecuencia nos vemos obrigados a afrontar os retos que nos presenta a vida moderna con recursos adquiridos en tempos pretéritos.

Aristóteles, na súa "Ética a Nicómaco", ao indagar sobre a virtude, o carácter e a felicidade, desafía a gobernar intelixentemente a vida emocional. As emocións poden servir de guía aos pensamentos e valores. Os sentimentos e as aspiracións máis fondas son puntos de referencia. Existen multitude de actos aparentemente irracionais que vistos desde o corazón constitúen unha elección acertada. Son as emocións as que nos permiten afrontar as situacións máis difíciles: o risco, as perdas irreparables, a persistencia do logro dun obxectivo a pesares das contínuas frustracións, a relación de parella e a formación dunha familia.

Ser intelixente consiste en outorgarlle ás emocións un papel central no conxunto das aptitudes necesarias para vivir. A herdanza xenética dota ao ser humano dunha bagaxe emocional que determina o seu temperamento, pero os circuitos neuronais implicados na actividade emocional son extraordinariamente maleables polo que non se pode afirmar que o temperamento determina o destino. Consideramos con absoluta prioridade o CI na educación da persoa pero deixamos ao azar a educación emocional con consecuencias desastrosas para a convivencia colectiva. O egoismo, a violencia e a mezquindade espiritual poden socavar os cementos de calquera realidade persoal. Unha visión integradora que re-concilie mente e corazón solucionaría grande parte dos problemas da sociedade actual.

Todos temos dúas mentes, unha que pensa e outra que sente. Unha é racional, pensativa, capaz de ponderar e reflexionar, a outra poida que sexa irracional, pero é poderosa. É a dicotomía entre o corazón e a cabeza. A convicción do noso corazón pertence a unha orde distinta, un tipo de certeza máis fonda. A maior parte do tempo as dúas mentes colaboran, pero, cando o equilibrio se rompe, a razón fai o único que pode, seguir á emoción ata que, esgotada, se rinde e se entrega. A vida é unha traxedia para o que pensa, pero un universo cheo de posiblidades para o que sente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario