"Lo que ocurre en el pasado vulve a ser vivido en la memoria.". John Dewey
A memoria é unha función do cerebro e á vez un fenómeno da mente que lle permite ao organismo codificar, almacenar e recuperar a información do pasado.
Non hai un único lugar físico para a memoria no noso cerebro, mentres nalgunhas rexións como o cortex temporal se almacenan os recordos da nosa infancia, o significado das palabras se garda na rexión central do hemisferio dereito e os datos da aprendizaxe no cortex parieto-temporal. Os lóbulos frontais adícanse a organizar a percepción e o pensamento e moitos automatismos están almacenados no cerebelo.
Atkinson e Shiffrin (1968) elaboraron un modelo de procesamento en tres etapas: memoria sensorial que é un rexistro inmediato e sensorial da información que se esvaece con rapidez; a memoria a curto prazo que retén, durante un periodo curto de tempo 7 máis/menos 2 items de información, e a memoria a longo prazo que é ilimitada.
Existen modelos teóricos para explicar os procesos cognitivos de reter e recordar a información, pero non explican en que consiste a relación entre a memoria e a conciencia. Ciceron nos "Tusculanae Disputationes" dí que a memoria é unha das facultades específicas da mente chamada animus. Enumera primeiro a memoria que Platón afirma ser reminiscencia dunha vida precedente. Para Ciceron a memoria contén impresas na anima as nocións das grandes cousas. O animus posúe tales nocións da realidade inmutable antes de entrar no corpo.
As matemáticas, aritmética e xeometría e as súas relacións, cálculo, proporcións, construcción de figuras..., están presentes na memoria. San Agustín utiliza a terminoloxía platónica da "memoria" e do "esquecemento" para referirse aos estados mentais activo e latente do coñecemento. Neste sentido, aprender será recordar. A mente que aprende e recorda a "verdade" pode retornar ao lugar de onde veu (cogitatio e meditatio). Segundo Plotino, a memoria atópase a nivel da alma imaxinativa na medida en que participa do Nous e do Un; cando esquece as cousas terrenas e supera as formas intelixibles para fundirse co Un.
"Somos nuestra memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espejos rotos.". Jorge Luís Borges

No hay comentarios:
Publicar un comentario