APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

jueves, 3 de marzo de 2022

"MÚSICA"

"Sin música, la vida sería un error". F. Nietzsche

Co Romanticismo a música xa non é un mero acompañamento da mensaxe. Transmite unha mensaxe propia. Rousseau articulou este potencial expresivo da música  ao afirmar que a música "falaba por sí mesma". A música se desprende da linguaxe do Cosmos. Procede da verdade. É verdade. É a verdade mesma a que fala. Dicía Schopenhauer que, a música activa, expresa directamente a vontade nouménica, mentres  que a fala queda limitada ao nivel de representación fenoménica. A música conecta ao corazón co Cosmos. A outra cara da "noite do mundo", o abismo da negatividade radical de Hegel. A música é a portadora da mensaxe do Logos máis aló do engano da palabra. O cámbio da metáfora da escuridade na Longa noite de pedra á luz. O exceso da dilatación da luz no mesmo corazón do individuo desde a dimensión ultramundana, do estar aí coa vida e, non como ser para a morte

A música transmite a "semántica da alma" desde o "fluxo nouménico" da "jouissance", o "exceso crepuscular". Pero, o goce da música, se cancela a sí mismo ao non poder ser subxectivado, coa volta ao non-expresivo da música mecánica. Os retratos masculinos da música de Rossini activan o "lamento" no que un se imaxina nunha situación desexada abrumado por favores e servizos. O momento culminante é un momento único de felicidade polo exceso. No climax da aria do "factotum", Fígaro representa o sublime polo acoso do exceso de datos, incapaz de comprender. Obsesión do "obxecto de deseo do outro". Que se contrapón á inmersión no vacío do Tristán de Wagner, cuxa demanda é o "amor incondicional", o equilibrio da "emoción absoluta". Dirá Wagner que, "cando a relixión se volve artificial, a arte pode salvar o verdadeiro espíritu, a súa verdade oculta...". 

Resolución entre a paixón sublime e a relixión. Non para fuxir dos límites da mortalidade para encontrarse co amor, senón como súplica para que se lle permita unha vida mortal na dor, e na loita pola liberdade, incapaz de sentir o goce contínuo. Ser suxeito ao cambio que añora a dor mergullado na ledicia. Falaz recurso discursivo da paz pola morte mesma como solución. Recurso operístico, non entre o espiritual e o físico, tampouco entre o sublime e, os praceres da carne, senón, por medio da fragmentación do sublime mesmo como ilusión redentora do goce sexual excesivamente intenso elevado ao absoluto. Desexo e morte como moral interdictora da paixón. Resignación obrigada e extática burguesa que incita á sublimación creativa. Xénese neurótica do eu na busca do si mesmo. Agresividade indecente de pasar directamente á acción coa negación do outro

O heroe sen medo protexido polo fado no envoltorio maternal aprende coa exposición. Aprendizaxe do sufrimento polo ritual montenegrino. Catarse do bico no teatro grego. Aceptación e rexeitamento. Orixe da identidade perdida na pegada obxectal do desexo. Pulsión da joissance libidinal atrapada no samodurstvo. Forte e profunda raíz do sentido de pecado, superstición e miseria que invade a estreita ollada. Pasividade e fatalismo de séculos de servidume que abrazan a ilustración para espertar a motivación pola libido redentora.  Inversión da aprendizaxe pascalina para a incapacidad de crer. Tal vez, se cré demasiado na inmediatez dunha fe opresora. Paradoxo da liberación sen fe pola súa excesiva proximidade. Tal vez crer directamente fai fuxir os mercaderes do templo. Realizar o ritual do amor para que brote sen límites. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario