APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

miércoles, 9 de marzo de 2022

"INCLUSIÓN EXCLUSIVA /EXCLUSIÓN INCLUSIVA"

"Es más fácil hacer leyes que gobernar". Leon Tolstoi

Un dos grandes paradoxos da lei é que non prohíbe nada, máis ben, ela mesma "está prohibida". Aparece como unha deidade da que está prohibido pronunciar o seu nome. Un oráculo sen localización, con propósito e significado, pero, deshumanizada. A lei trascendente está en constante tránsito de unha instancia a outra e, se revela como un espellismo que non ten interior, pero que se proxecta cara o exterior. Está en constante evasión e, o que manifesta, cómo se manifesta, é un segredo para milleiros de persoas. 

Estamos siempre dentro da ley que so obedece á linguaxe discursiva. "O verbo se fai lei". "Así será mi palabra que sale de mi boca, no volverá a mí vacía sin haber realizado lo que deseo, y logrado el propósito para el cual la envié (Isaías, 55:11). O ilimitado campo da inmanencia no lugar da trascendencia infinita como dirían Deleuze e Guattari. De tal xeito que, o que en primeira instancia se percibe como transcendencia, se ve en segunda instancia como inmanencia. No primeiro caso, un está excluido e, no segundo, irremediablemente incluido. Como para os heroes de Kafka, parece que a lei é inaccesible. Casi nunca se entende fóra da "linguaxe discursiva". Imposible apelar ao iusnaturalismo. É un segredo esquivo. Até a súa mesma existencia é dubidosa por estar vinculada ao obxecto do desexo. 

O desexo dun suxeito é o desexo do outro. A curvatura do espazo do primeiro se despraza até ocupar e comprender o espazo do outro. De tal xeito que un manda e o outro obedece. Coincidindo curiosamente coa dialéctica Hegeliana do amo e o escravo. A complicada arquitectura da "Madriguera" de Kafka cos seus laberintos e entradas, de pasar dun pasadizo ao seguinte, do interior ao exterior, é o lugar perfecto para sentirse protexido, pero, paradóxicamente, tamén o é, para sentirse en risco. O individuo aparece como "o ser da madriguera" e, "o animal con bozal". Dase unha "metamorfose" entrambos. Agamben diría, o poder soberano e a "nuda vida", derivada da biopolítica de Foucault, a xestión política da vida coa intervención do poder. A posibilidade de que, os dereitos individuais, a saúde xeralizada, e o progreso social, estean repletos de erros e horrores. 

O soberano está ao mesmo tempo dentro e fóra da lei. Ao ter o poder legal de suspender a validez da lei, está fóra da lei. No outro extremo está o Homo sacer, sagrado, pero tamén execrable, abominable, detestable, coa vida que se lle pode quitar e sacrificar. Oscura figura do dereito romano arcaico que inclúe á vida humana na orde xurídica so en forma de exclusión. A vida tratada como materia, como produto que pon en entredito a validez da ética xurídica.  Calquera estratexia humana para revertir tal situación está abocada ao fracaso. Como dicía Parménides, o cámbio ou movemento é imposible porque é o cambio do ser ao non ser, e xa que o non ser é a nada, e nada xorde da nada. Pero traducido en potencia aristotélica, é a posibilidade que ten o ente en sí. Aristóteles enfatiza aquelas posibilidades que se volven reais por sí mesmas cando as condicións son as axeitadas e nada as detén. 

Kafka  amosa o estado permanente de emerxencia que é o imperio da lei na súa forma pura. "O exceso da lei máis alá do significado", expresión tomada da correspondencia entre Gershom Scholem e Walter Benjamin. "A suspensión de todas as leis, e polo tanto, a institución da lei como tal". O individuo está  a merced da lei, máis alá das leis, sen defensa, pode ser despoxado da vivienda, do salario, incluso da nuda vida. So lle é doado á lei transgredir a propia lei. A pura validez da lei que se manifesta como oposta á ela mesma. A porta está siempre aberta, pero o individuo perdeu a confianza, en psicoloxía da aprendizaxe "indefensión aprendida", e lle resulta imposible entrar pola porta aberta, porque a lei non está siempre dentro da lei. A porta da lei permanece aberta e, acompaña ao individuo ata o cadaleito sen este ousar entrar pola porta. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario