APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 22 de marzo de 2022

"ÁS DE VOLVORETA" (I)

"A menudo pienso que la noche está más viva y con más colores que el día". Vincent Van Gogh

Psyche é a nai e o recipiente da arte. Abrangue a estructura psicolóxica da obra de arte desde o interior do individuo creador. Trátase dun produto que xorde desde a profundidade do aparato anímico; enerxía vital que atravesa ao creador na súa forma individualísima e, determinada. A relación entre a obra e o creador é íntima e indisoluble; non é posible explicar o un sen o outro. A obra non é nunca un proceso definitivo; é, no mellor dos casos, unha posibilidade

A relación especial de Göethe coa súa nai, permite achar un sentido especial ás palabras do "Fausto", cando di: "Madre..., madre, ¿qué maravillosamente suena esto!"; pero, non entenderemos nunca cómo a vinculación de Göethe coa súa nai o levou a crear o "Fausto". Do mesmo xeito que, partindo do "Anillo de los Nibelungos", xamáis poderemos chegar a derivalo do feito de que Wagner puidera terlle aficción aos difraces femininos. Aínda que poidera haber algún segredo oculto na personalidade de Wagner. 

Aló onde comenza a vida, a psicoloxía define as formas da arte a través de complexos e imaxes que colorean os acontecementos. A irracionalidade da arte, bulra e bulrará siempre, a explicación forzada da razón para explicala. A derivación poderá ser explicada causalmente; pero, xamáis revelarse ao coñecemento racional. Poderemos presumir que a entendemos, vislumbrala, pero nunca captala. Psyche e arte dormen o mesmo sono; alentan o mesmo vento e se enfrontan á mesma tempestade. 

Arte altamente dubidosa para Psyche, é, non poucas veces extraordinariamente interesante para a merchandising. ¡Pobre Modigliani! ¡Desdichado Van Gogh! Produtos de posteridade. A obra de arte se explica a sí mesma. So é doado explicar por qué o autor creou unha obra cando está destinada ao mercado, convertida en produto de masas. As obras de Psyche, dormen á longa noite dos soños e, so atraen o interés dos profanos. Non é preciso preguntarse en qué consisten ou, qué significan. Sobran os comentarios de asombro e de admiración. 

Freud ofrece un catálogo coa sospeita enfermiza, neurótica, de toda obra visionaria, incluida a do xenio. Enfoca o fenómeno artístico desde o punto de vista patolóxico. O artista mobiliza o arsenal da súa fantasía patolóxica. De tal xeito, ás figuras demoníacas, grotescas e, perversas son patrimonio do alén. Negativas tendencias instintivas. Dante e Wagner facilitaron a tarefa a traveso da visión primixenia o primeiro e, o mito no segundo. Non obstante, o sentido profundo non está no material histórico, nin nos acontecementos míticos, está, no xermo transmitido a traveso deles.  
































No hay comentarios:

Publicar un comentario