APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

martes, 8 de marzo de 2022

"O PRIMEIRO AMOR"

"Todo amor verdadero, profundo, es un sacrificio. Se sacrifican las propias posibilidades o, mejor dicho, la ilusión de las propias posibilidades". C. G. Jung

A creciente avalancha de divorcios polo xurdimento das website, son testemuña da crecente demanda de afecto que ten toda a forza e todo o peso do mandato orixinal. A resposta axeitada ás crecentes demandas de amor é a de voltar  ao primeiro amor porque nos devolve o equilibrio primario e, nos prepara para sentir a experiencia de ser atrapados polo Outro. A Unidade se fractura en Dous, se pecha a percepción á Totalidade, e se percibe a Bipolaridade.  O Un, e o Dous, representan a Infinitude do amor. O círculo se pecha no Un, na Idea de Amor, por iso, o primeiro amor nunca se convirte en parella, aínda que o primeiro, sexa o "verdadeiro amor"

O noso primeiro amor nos asexa en silencio e nos extende a man cando a buscamos na escuridade. Pero non ofrece máis ca un profundo e silencioso tormento. Representa unha relación asimétrica que dirixe e, clausura permanentemente, "a metáfora do amor", a apertura ética que subxectiviza o obxecto desexado coa intención de "fagocitalo", como diría Freud. Transformando a miseria da particularidade individual na infelicidade común universal. É o primeiro amor quen ameaza en convertir a metáfora do amor nun "círculo vicioso", apegándose ao ego con demandas egoístas

Hai unha ética do relato entre o racional e o sentimental que abrangue ao amor. Quen se deixa arrastrar polo sentimento se aliena de sí mesmo, sufrindo, en últrimo extremo, a loucura, con distintos graos de melancolía. A iniciación na dor que provoca o primeiro amor apréciase no relato de Turguenev: "Primeiro amor": "Oh juventud, juventud... Crees poseer todos los tesoros del universo, incluso la tristeza te sirve de distracción..., y sin embargo tus días corren y desaparecen sin contar, sin dejar rastro y todo desaparece dentro de ti como la cera al sol, como la nieve". Parafraseando ao autor, ¿Qué outra cousa me queda..., que os recordos daquela tormenta matinal de primavera que tan fugazmente pasou? 

O primeiro amor leva as cicatrices da fenda que provoca a irrupción do ego e a complexa relación edípica. Estructura neurótica da linguaxe, na relación entre pais e fillos: Incapacidade de amar por temor á castración paternal polo desexo simbólico. Sentirse fóra e fuxir adentro do círculo. No relato de Turguenev, o primeiro amor, en orixe, o é do Pai. Apartado do eterno carrusel de favores o namorado/a atopa refuxio na "pura ausencia do primeiro amor". Un eterno prepararse para ver o amor esperado

O namorado/a albisca un semblante levado pola fantasía orixinal, pero o que atopa, non é máis ca unha falsificación, un doble, una forma fantasmal que non ten ser en sí, aparte daquel ou aquela á que se semella. É o eterno desexo do Outro que nos devolve á vacuidade. Suxeitos de análise sobre o fondo dunha escena literaria na busca de semblantes. Buscamos e comparamos para atopar algunha identidade, pero, so atopamos parecidos, similitudes. Sen a presenza do primeiro amor, sentímonos atrapados nun xogo imaxinario e, as veces perverso. 

A literatura proporciona unha pantalla imaxinaria sobre a que se proxectan unha pluralidade de formas que, nos permiten xerar identidades, cuxos rasgos principais se asemellan co Outro, de tal xeito que nos aseguren os significantes en último termo que converxen no "primeiro amor". O discurso do amor, non é máis que un discurso do suxeito namorado e, a literatura pertenece a un mundo escindido e fragmentado que so opera como ilusión, nunca está, por enteiro, fóra, nin dentro do círculo. Somos suxeitos pola linguaxe e, son as nosas narracións singulares, trazadas sobre o fondo dos nosos egos, na pantalla semitransparente do Outro, as que dibuxan, abren, ou pechan a maquinaria que constitúe o inexorable ciclo de vida e a morte. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario