APRENDIENDO A VIVIR

SOMOS LO QUE COMEMOS Y LO QUE PENSAMOS: Nuestra salud mental depende en buena medida de nuestro sistema de creencias y de nuestra alimentación.
Este blog quiere ser un punto de encuentro para las personas que buscan una explicación, para los que no comprenden; aquellos y aquellas que buscan con una actitud libre y abierta respuestas...
...quiere ser una herramienta a favor de la tolerancia, la justicia y la libertad...
...un instrumento para tomar el control...
...una ayuda para conocerse mejor, comprender la existencia humana, nuestras necesidades y apegos...
...en definitiva una herramienta para llenar nuestro vacio interior y recuperar la confianza...

viernes, 11 de marzo de 2022

"EROTOMANÍA QUA PERVERSIÓN"

"Todas las pasiones tienen dos sentidos, Julieta: uno, muy injusto, en relación con la víctima; el otro, singularmente justo en relación con quien las ejerce". Marqués de Sade

A sexualidade histórica podería identificarse coa sexualidade orgánica e o corpo orgánico dividido socio-culturalmente polas relixións, a anatomía médica e o atomismo científico. A partires dese postulado, a xeneración orgánica e a jouissance fálica serían produto da perda da unidade primordial que leva a percibir a sexualidade como dexeneración dun home que está completamente pervertido pola obsesión mental co coito. O coito tomaría a forma ubicua do pensamento. A metafísica sería o que un leva para sí como resultado da vacuidade que leva dentro. O coito se identificaría como o recurso metafísico supremo; un aparello ideolóxicamente conformista imposto pola modernidade coa fin de ocultar a separatidade introducida pola división. Artaud dí que, "todo home-humano ten un sexo debaixo do seu cerebro, unha especie de pequeno sexo incrustado na súa consciencia".

A "erotomanía qua perversión" sería a "versión do pai". a través dun periplo peculiar do círculo incansablemente repetido pola psicoanálise. O que significaría que a jouissance fálica sería o esquecemento pola ausencia do outro-pai que nos permite  "darlle sentido" á existencia ao gozar père-versamente; é dicir, para o Pai/Outro, coa escusa de chegar os límites da razón buscando o Un.  A suxerencia é a de ir máis alá dunha "vontade de ter sexo". De tal xeito, o pensamento únicamente podería pretender pensar establecendo unha metafísica do sexo. A hipótese sería a dun pensamento humano que se xera a partir dunha fenda que atopa no coito unha satisfacción temporal e unha siempre renovada insatisfacción. 

Podería ser, desde o punto de vista lacaniano, a epítome dun semblant  que vela e conserva unha carencia. De tal xeito que, sería máis a insatisfación dunha demanda mental que a satisfación física do coito mesmo. Non se trataría dunha perversión específicamente patolóxica, senón, a repetición até o infinito dunha père-versión estructural a traveso da satisfación parcial, na que a libido e o significado simbólico están inextricablemente mesturados. Estar "satisfeitos" se trocaría por estar "satis-fous". A satisfación dominante dun pensamento impotente, disfrazado de erotomanía. Hexemonía ideolóxica da demencia. A sexualidade so pode ser orgánica, e polo tanto condenada. 

A pregunta sería ¿cómo podemos superar a fenda? A través dunha moralidade que reprima a  jouissance fálica qua "tapón"? Ou, retroceder á orixe para entender o efecto "tapón" que exerce un "Outro-pai" inventado polo discurso freudiano da modernidade. Mentres, a imaxe do "eunuco" nos persegue. A castración como un atractivo remedio para o falocentrismo. Artaud dirá influído por Nietzsche: "Eso que el hombre llama hoy en día humano no es nada más que la castración de la parte suprema del hombre". A mítica escena do amor puro se describiría así: "X..., ten un corazón fermoso". A volta ao amor platónico simple en contra da castración como fuxida da Totalidade. A castración desangra a vida. O home e a muller necesariamente fracasan porque se desangran coa castración, na que se solapan, por unha banda a vontade de acabar coa contra-dicción, e pola outra o anhelo de restañar a fenda e voltar á Orixe. 

A jouissance vai máis aló do principio do pracer freudiano. A jouissance tamén é sufrimento coma dor pola melancolia da Orixe; jouissance da transgresión mítica a través do símbolo, ou jouissance como breve satisfacción como compoñente egoica do significado e o significante. A ética antigoniana do puro desexo pola que abogaba a psicoanálise lacaniana, diferénciase realmente da jouissance sadokantiana masiva? Goza de sí misma Antígona por puro desexo? É a jouissance boa? A Naturaleza é un Ser que goza per se. Cabe a posibilidad de que o Un primordial fose aniquilado  polo discurso simbólico da modernidade, anulando toda posibilidade dun Puro Primordial. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario